Debate de Orzamentos da Xunta 2017

O BNG propón mobilizar 908M € para blindar servizos públicos, reactivar a economía e loitar contra a violencia machista

DSC_0132
Noa Presas

O BNG propón mobilizar 908 M€ no proxecto de orzamentos de 2017 para axustar as contas públicas ao que necesita Galiza, a través de emendas transversais que responden as seguintes prioridades: priorizar o gasto social, blindar servizos públicos, aposta polo I+D+i como motor de desenvolvemento económico e de creación de emprego, apoio á lingua e cultura e loitar contra a violencia machista.

Estes 908 M€ se mobilizan restando de partidas de gasto que o BNG considera superfluas e incrementando os ingresos vía impositiva, cunha fiscalidade máis progresiva, -gravando as rendas e os patrimonios máis altos-, e con novos tributos como un imposto ás grandes superficies, “espremendo ao máximo o autogoberno”, demandou a deputada Noa Presas, encargada de defender as modificacións parciais das contas públicas.

Na distribución desa contía mobilizada, o Bloque prioriza o gasto social, con 16M€ para unha renda social vital e para financiar un plan de emerxencia social para abordar os casos de maior urxencia. Garantir o financiamento e a recuperación progresiva dos servizos públicos privatizados. Así, no ámbito da sanidade, 105 millóns para reducir as listas de espera, 115 para recuperar o Hospital de Vigo, 60 para mellorar a atención privada e 54 para contratar persoal sanitario.

En Educación, 20 millóns para reposición de persoal e 55 para gratuidade dos libros de texto, ampliar servizo de comedores e incrementar as bolsas de estudo.

Duplicar os orzamentos destinados a I+D+i con 100 M€ para programas de investigación e 125 para os sectores industrial, pesca e medio rural para sufragar actuacións con alto contido tecnolóxico.

En materia de emprego, a formación nacionalista propón un Plan retorna con 90 M€ e dar un salto “cuantitativo e cualitativo” na loita contra a violencia machista pasando de cinco a 95 M€.

“Sorpréndannos señores e señoras deputadas do PP e fagan algo máis que descualificar as propostas da oposición para que  oxímoro PP-diálogo poida quebrarse en beneficio de Galiza”, concluíu Presa

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG