Galegas 2020

O BNG propón medidas para incentivar o comercio de proximidade e impulsar o consumo de produtos locais para reactivar a economía

Praza de abastos de Padrón
Praza de abastos de Padrón
O candidato do BNG por A Coruña, Xosé Luís Rivas, afirma en Padrón, que  o apoio ao pequeno comercio, prazas de abastos e mercados ao ar libre reactivará a economía das vilas tras as consecuencias da  COVID-19

O cabeza de lista do BNG, pola provincia da Coruña, Xosé Luís Rivas defendeu hoxe en Padrón medidas para incentivar o comercio de proximidade e impulsar o consumo de  produtos locais para  reactivar a economía das cidades e vilas galegas.

Acompañado da concelleira nacionalista en Padrón, Bea Rei, o concelleiro  en Dodro, Xoán Bautista e membros do BNG da comarca, o candidato nacionalista visitou a praza de abastos e comercios da vila onde mantivo encontros cos propietarios e propietarias dos negocios para transmitirlle as propostas do BNG neste ámbito.

O nacionalista destacou as vantaxes do pequeno comercio, as prazas e os mercados  “con produtos frescos e galegos”,  mercados, dixo,  que precisan  apoio económico e incentivos á compra dos produtos locais e a  súa distribución.

Por outra parte, insistiu na necesidade de seguir poñendo en marcha a rehabilitación dos mercados e a peanolización de espazos públicos que favorezan a actividade comercial. Temos que “defender o noso, o propio, e dar valor a  esas pequenas producións”, recalcou.

O pequeno comercio, as prazas de abastos e os mercados “dinamizan e poñen en valor a produción propia” ademais de fomentar as relacións sociais e crear riqueza a diferencia das grandes multinacionais de distribución. O comercio local paga os seu impostos que logo reverten nos concellos e resulta imprescindible a defensa deste modelo como “motor económico de moitas cidades e vilas galegas”.

No Espolón de PadrónO candidato do BNG insistiu en que é necesario consumir produtos galegos e mercar en comercios de proximidades sobre todo, dixo, agora que pasamos por “un confinamento que obrigou a algúns comercios a pechar as súa portas”.

“O comercio local dá saída aos produtos de proximidade e o tecido comercial xera vida nas localidades”. Rivas  anunciou que o BNG utilizará todos os medios, ao seu alcance, para  poñer  en marcha un paquete de medidas con incentivos para  os mercados de produtos agrícolas  e de gran calidade.

Tras a súa visita a Padrón, Rivas animou novamente a mercar produtos  galegos nos mercados semanais e  sobre todo, ás persoas das cidades que aínda descoñecen os produtos que os  mercados lles poden ofrecer.

O BNG demanda melloras no edificio da Praza de Abastos e diversificar o mercado dominical

Pola súa parte, a concelleira do BNG de Padrón, Bea Rei transmitiu ao candidato  un dos  problemas no comercio da vila  agravado pola COVID-19 que provocou o   descenso  de asistentes  ao mercado dominical, á praza de abastos e comercio en xeral. Nesta liña, explicou que o BNG presentou diversas iniciativas no concello   para axudas específicas ao  comercio entre as que destacou: a “supresión de taxas municipais”, organizar feiras e mercados específicos, rehabilitar o  edificio da praza de abastos e planificar unha ordenanza que clarifique aos comerciantes cal é o espazo de venda que lle corresponde, ademais de   medidas que garantan a seguridade das persoas que accedan á praza de abastos con  entradas e saídas marcadas e  subministro de hidroxéles, tapa bocas e luvas. “ Reclamamos na porta de entrada da praza de abastos material de protección e na porta de saída un contenedor de residuos”.

Sobre o mercado dominical, o BNG de Padrón, explicou Rei  demandamos a súa diversificación  aproveitando os lugares públicos para ofrecer produtos “ecolóxicos” e converter Padrón nun “lugar de referencia”. Queremos, tirar o  maior partido a agricultura local e para iso precisamos  favorecer a  saída do “excedente local” dos produtores da zona de Herbón coa denominación de orixe así como o resto de “agricultura de zona e tempada”. 

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG