O BNG pide á Xunta de Galiza seriedade na futura lei termal após tres anos

Noa Presas
Noa Presas
A deputada do BNG pola provincia de Ourense, Noa Presas, pedíu "menos euforia e máis compromiso" ao Partido Popular. Após tres anos promentendo unha lei termal, agora, a Xunta de Galiza presentaa despois de que finalizara o período de exposición pública do anteproxecto.

"Esta presentación evidencia a incapacidade de xestión e visión dun goberno esgotado e sen ideas para Ourense" sinalou Noa Presas. A deputada engadíu que esta é unha visión "reduccionista " do que é e do que pode chegar a ser o termalismo na provincia e na cidade de Ourense.

O Plan Termal 2014-2020 non supuxo ningunha modernización do sector nin contribuíu a resolver os atrancos para o impulso termal no país. Asemade, segundo sinalou Presas "é necesario un xiro de 180 graos ante ás políticas levadas a cabo polo Partido Popular".

Neste senso, o BNG solicitará unha avaliación económica para fiscalizar o grao de cumprimento e que se redacte un novo vinculado a súa redacción e avaliación periódica na propia lei.

Termalismo: dereito para as galegas e galegos

A formación frontista defenderá nas súas emendas propostas para que non sexa unha nova oportunidade perdida para o desenvolvemento económico e social. Para a formación nacionalista é necesario que se "blindar o acceso como un dereito público para a veciñanza e a participación social" recalcou a deputada. "O desenvolvemento non pode ser illado respecto da veciñanza dos concellos con acuíferos" indicou Presas.

Así mesmo, desde o BNG remarcou que: "estamos a falar da explotación do territorio e que polo tanto cómpre introducir medidas garantistas que para alén da iniciativa privada salvagarden a participación pública e o desfrute dos beneficios do termalismo como un dereito para os galegos e galegas". 

 
 
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG