O BNG pide á Xunta un compromiso real pola calidade do emprego para a mocidade

Paulo Ríos
Paulo Ríos

Paulo Ríos acusou á Xunta de  “non saber” como paliar a emigración da mocidade galega  e de  vender Galiza  para convertela nun  país de servizos,  Xacobeos e turismo de baixo custo

Reprochou o “fracaso” das políticas de emprego do goberno do PP nos últimos 11 anos que non frearon a precariedade e temporalidade  laboral dos máis novos e novas

O deputado do BNG, Paulo Ríos (Kai) inteperlou ao goberno sobre a situación laboral da mocidade galega ante a falta de expectativas laborais que impiden a independencia económica e un proxecto de vida aos mozos e mozas.

Tras a resposta da conselleira de Emprego afirmando que Galiza conta cunha mellor situación laboral que a media do Estado, o nacionalista replicou que un gran número de mozos e mozas teñen que volver a casa dos seus país porque os contratos que se asinan son o 90% temporais, que  mercado laboral “é precario” e a mocidade continua emigrando. A mocidade galega, dixo “non precisa contratos de formación ou temporais”, precisan contratos con salarios xustos porque levan anos soportando un modelo que beneficia ás empresas que contratan en precario.

“Non queremos ser un país de servizos, xacobeos e turismo de baixo custe”, e a COVID  provocou  graves consecuencias sanitarias e tamén económicas  sobre todo na  mocidade é un dos colectivos máis prexudicados.

 Sen traballo non se pode fixar poboación nin ofrecer aos mozos e mozas un presente e un futuro en Galiza. O goberno galego permanece, dixo, “na autocomplacencia” e manipulando os datos e  lamentou a falta de “compromiso” da Xunta  para rematar coa “precariedade laboral e o desemprego”.

O parlamentario volveu a dicirlle á conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana que a emigración xuvenil supuxo a partida de 80.000 mozos e mozas galegas na última década e perdéronse entre 178 e 311 millóns de euros  derivados da formación universitaria de mozas que non poden producir e xerar riqueza no país. Pero a emigración tamén conlevou, dixo,  1.500 nacementos menos e 315 empresas que deixaron de crear riqueza.

Cre vostede, señora Conselleira, que o noso país está en condicións de prescindir disto? preguntou.

“Temos un país cun devalo demográfico incen¡sante, unha crise industrial sen precedentes e  só un 17% da mocidade galega é independente economicamente mentres que o 63% das mozas menores de 30 anos ten que recorrer a vivir na residencia familiar porque non pode acceder a unha vivenda” esta, remarcou  é a realidade a pesar de que vostede siga afirmando que “non estamos tan mal”. A Xunta non pode ser “unha ETT” ten que implementar políticas para reverter a situación en vez de  ofrecer “unha maleta” para mandar a traballar a mocidade en condición pésimas a empresas estranxeiras.

Dende o BNG, subliñou, Kai,  entendemos que hai dúas pezas fundamentais para mudar este modelo e darlle un presente e un futuro dignos á nosa mocidade. Precisamos dunha soberanía real para  poñer en marcha alternativas e  cando digo “soberanía real” non me refiro a vestirse de Galicia, Galicia, Galicia para meterlle o dedo no ollo ao goberno do estado cando non gobernan e estar caladas e submisas cando gobernan vostedes. Este país precisa de vontade política para mudar as cousas, e aí dá igual quen goberne no estado. “Aposten dunha vez pola mocidade galega. Facelo marcará “a diferencia entre mandar e gobernar, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG