BNG pide “transparencia” ao goberno galego sobre a futura planta de biogás, en Cerceda, proxectada por, Narturgy, Repsol, Reganosa e Impulsa

Xosé Luís Rivas "Mini"
Xosé Luís Rivas "Mini"

Xosé Luís Rivas demandou facer público o proxecto  para que as persoas afectadas e sociedade galega conte coa información para posicionarse

Criticou que o goberno galego apoie ás  empresas vinculadas ao proxecto  disfrazadas de  “grande solución” á contaminación agrogandeira co fin de  fabricar gas

Insistiu na insuficiencia de superficie agraria utilizada, 21%, froito do “abandono e desleixo do Goberno galego”.

O deputado nacionalista, Xosé Luís Rivas reprochou  ao goberno galego a “falta de transparencia” sobre o proxecto da futura planta de biogás proxectada en Cerceda pola eléctrica, Naturgy, a petroleira Repsol, o grupo  Reganosa e a sociedade pública privada, Impulsa.

O parlamentario, a través dunha proposición non de lei, exixiu facer público o contido  do proxecto para que os sectores afectados e a sociedade galega poida posicionarse e nesta liña, denunciou que o Partido popular continúa negando a documentación solicitada polo deputado e o grupo que representa.

Para o nacionalista, o goberno debe explicar, a través dun estudo, se realmente existen “excedentes” de xurros e estercos en Galiza, que tipo de explotacións gandeira, vacún, leite, carne, porcino, ou aves son excedentarias, se as fosas están ben dimensionadas e cubertas ou son insuficientes para as boas prácticas agrarias como obriga a nova PAC, cantos e que concellos ubican os execedentes por tipo de explotación gandeira, e  que tipo de actuacións están relacionadas coa Lei de Recuperación da Terra Agraria nas zonas “supostamente excedentarias”. 

Ante a falta de información sobre o proxecto,  Rivas urxiu ao goberno a promover un  estudo ponderado naquelas zonas con exceso de carga gandeira que non dispoña de terra agraria suficiente para un uso racional dos xurros e estercos, e que contemple solucións viables que se correspondan coas necesidades desas zonas. É necesario, dixo,  pediu “reconverter o proxecto de plantas de biogás en proxectos de aumento de base territorial para as explotacións gandeiras e axudas para redimensionamento e cubrición de foxas de xurros e estercos”.

Urxe unha  ordenación racional e produtiva  do solo 

Por outra banda, defendeu  elaborar proxectos de desconcentración gandeira nas zonas onde a carga provoque problemas de emisións e contaminación difusa, recuperar, de inmediato para uso agrogandeiro as terras forestadas ilegalmente, promocionar novas incorporacións en zonas de abandono agropecuario facilitando a recuperación da terra con proxectos de novas explotacións, tanto agrícolas coma gandeiras e “activar con urxencia” a ordenación dos usos do solo.

Ao seu xuízo, “a mala planificación territorial, o ollar para outro lado e os clientelismos políticos” propiciaron que o sector porcino e avícola se desenvolvese anormalmente en certas comarcas de Galicia xerando graves problemas  e ameazas de vulnerabilidade. A carga gandeira que soportan esas comarcas é excesiva e xera problemas de saúde pública tanto humana coma medioambiental.

A solución razoable para esta situación, dixo,  pasa por unha “boa planificación territorial” e o recoñecemento destes subprodutos coma recursos necesarios para un país con vocación agrícola, o problema, insistiu o nacionalista é a insuficiencia de superficie agraria utilizada, 21%, froito do “abandono e desleixo do Goberno galego”.

Na súa intervención, o deputado preguntou, por que non se destinan fondos Nex Generation a posta en cultivo de “milleiros de has abandonadas”?

Finalmente, criticou que as empresas vinculadas ao proxecto da planta de biogás “non se distinguiron polo seu respecto ao medio ambiente ou economías circulares na súa actividade” e ironizou afirmando que agora aparecen como a “grande solución á contaminación agrogandeira” contando co apoio da Xunta para procesar “supostos excedentes gandeiros de fertilizantes orgánicos para fabricar gas”.

A proposta do BNG para  facer público o proxecto da planta de biográs proxectada en Cerceda foi votada en contra polo Partido popular.       

        

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG