O portavoz de Agricultura do BNG, Xosé Luís Rivas (Mini) defendeu unha proposición non do fin de instar á Xunta a reconsiderar a resolución de inadmisión dalgunhas asociacións profesionais agrarias solicitantes de axudas para realizar actividades de interese agrario, convocadas para o ano 2021, con presenza probada no asociacionismo agrario deste País, e resolvelas de favorablemente.
Na defensa da iniciativa, Rivas explicou que o 13 de setembro do ano 2021, a Federación Rural Galega, FRUGA, presentou solicitude de subvención acolléndose á Orde do 28 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para realizar actividades de interese agrario, convocadas para o ano 2021.
O pasado 23 de novembro, engadiu o nacionalista, o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación do Conselleiro, ditou a resolución de “inadmisión” a esta entidade solicitante, alegando o incumprimento do artigo 3.2 das bases reguladoras, que indica que son entidades beneficiarias as asociacións agrarias, con ámbito de actuación provincial ou autonómico, legalmente constituídas de acordo coa Lei orgánica 1/2002 e no Regulamento do Rexistro Nacional de Asociacións.
Neste sentido, Mini puntualizou que nas Disposicións Xerais do Real Decreto 949/2015, de 23 de outubro, para a aprobación do devandito Registro Nacional de Asociaciones, reflicten que “De esta manera, las asociaciones nacen al Derecho desde el mismo momento del acuerdo fundacional adoptado por los promotores, adquiriendo personalidad jurídica y plena capacidad de obrar, y se dotan de sus propias reglas de organización y funcionamiento a través de los correspondientes estatutos.
Se atribuye al Registro la competencia para la inscripción de las asociaciones de ámbito estatal, de aquellas que no desarrollen principalmente sus funciones en el ámbito territorial de una comunidad autónoma”
Para o deputado, este regulamento recoñece que as asociacións que teñan, polo tanto ámbito exclusivo nunha Comunidade Autónoma ou nunha provincia “non teñen cabida neste Rexistro” e esta circunstancia non pode ser utilizada como argumento para denegar unha subvención a entidades solicitantes con “presenza probada no asociacionismo agrario en Galiza” porque é contraditoria e considerou que a Xunta debe revisar a convocatoria de axudas por non cinguirse as bases e tentar denegar subvencións a algunhas asociación que cumpren os requisitos exixidos.