Informámosvos que o Bloque Nacionalista Galego, conxuntamente con Junts per Catalunya, a CUP, PNV, ERC, Más País, Compromís e EH Bildu, voltaremos a rexistrar mañá a petición de creación dunha comisión de investigación relativa á trama vinculada ás presuntas ilegalidades cometidas por membros da Casa Real e as influencias políticas, diplomáticas e comerciais con Arabia Saudí.
Por un lado, as que apuntan a que a fiscalía anticorrupción do Estado tería detectado indicios de presuntos delitos coa presunta implicación do rei emérito e relacionados co blanqueo de capitais, cobros de comisións e fraude fiscal na contratación da segunda fase da construción da liña de ferrocarril de AVE que une as cidades de Medina e A Meca, en Arabia Saudí.
Por outro lado, tamén despois das múltiples declaracións de Corinna zu Sayn-Wittgenstein afirmando categóricamente que tería recibido presións e incluso ameazas graves por parte dos servizos secretos do Estado e a Casa Real, supostamente para confiscar documentación comprometedora para o rei emérito. Segundo as mesmas fontes xornalísticas, a mesma Corinna zu Sayn-Wittgenstein apunta ao actual monarca como coñecedor da campaña de acoso, difamación e persecución contra a súa persoa e a súa familia.