parlamento galego

O BNG insta á conselleira de emprego a redobrar esforzos contra a precariedade laboral

Daniel Pérez
Daniel Pérez
Daniel Pérez destacou  que as medidas sanitarias da COVID supuxeron un duro golpe para os e as autónomas  e pequenas e medianas empresas pola  actividade restrinxida parcial ou totalmente

Tras a comparecencia da Conselleira de Emprego  e Igualdade, María Jesús Lorenzana para explicar as liñas xerais do seu departamento, o deputado do BNG, Daniel Pérez acusou a titular de Emprego  de falta de “autocrítica” e a ausencia dunha  aposta real polo emprego dende o comezo da pandemia.

O nacionalista explicou que as restricións pola COVID 19 provocou graves consecuencias sobre no colectivo de autónomos e Pemes que viron como a súa facturación “pasou a cero” no sector cultural, a hostalaría e restauración ao que sumou os negocios relacionados co turismo. A Xunta, dixo,  anunciou plans de reactivación que resultaron “efectos pirotécnicos” como demostran as mobilizacións pola falta de axudas directas. Saíron a rúa, os hostaleiros, as axencia de viaxes e os titulares de 2.000 Pemes pechadas, tendas, perruquerías, bares, cafés e pequenos hoteis e restaurantes.

“O abandono da Xunta”, recalcou provocou  peches na maioría de vilas e barrios e despois de dez meses tras a presión social parece que a Xunta anuncia a articulación das primeiras axudas directas que xa existen noutras comunidade e mesmo van pola segunda liña.

Vostedes, subliñou, tiveron moito tempo para analizar a evolución da pandemia grazas aos datos doutros países que recomendaban  peches de actividade e restricións de movementos e non sabemos a que dedicaron o tempo dende Marzo a Xullo que foi cando se celebraron as eleccións. Faltoulles “anticipación e unha boa xestión” e sobroulles “propaganda”.

O nacionalista reprochou á conselleira a falta de medidas para a mocidade no acceso ao  mundo laboral, un mercado caracterizado pola “precariedade” e a súa cronificación. Activen medidas para que podan volver a Galiza os miles de mozas e mozos que se viron obrigados a emigrar polas “políticas de emprego do PP”.

A crise da COVID solapa a  violencia machista

 Daniel Pérez afirmou que a COVID-19 provocou unha crise xeral que solapa problemáticas  que afectan a sectores e colectivos da nosa sociedade entre os que destacou a violencia de xénero e a discriminación por razón de orientación sexual.

As mulleres, explicou o deputado do BNG son as máis afectadas nas crises ben por razóns laborais en forza de feminización dos coidados e  precarización por baixos salarios. Mentres tanto, a Xunta limitábase a anunciar un “plan de dous folios de reforzo de atención ás vítimas de violencia machista para a súa seguridade durante o estado de alarma pola COVID 19” pero a violencia machista “agravouse especialmente no confinamento e continua coas restricións da mobilidade”.

A consellería de Emprego e Igualdade, explicou o nacionalista incrementou as partidas a respecto do ano pasado pero “son insuficientes” si desglosamos ese incremento cos recortes durante case unha década nese departamento e a baixa execución de Programas de Fomento do Emprego.

O BNG reclama crear unha consellería de Igualdade

Neste sentido, o nacionalista defendeu a igualdade como “unha cuestión central” que merece unha “consellería propia” dedicada á  loita contra a discriminación e a  violencia machista.

A efectividade das medidas adoptadas pola Xunta, tanto no emprego como en igualdade hai que poñelas “en corentena “ atendendo a baixa execución”. Daniel Pérez recalcou que para o BNG ese incremento é insuficiente senón se executa “integramente” polo  que volveu a reclamar á Consellería de Emprego e Igualdade “non escatimar esforzos” ante o que se aveciña.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG