BNG exixe á Consellería do Medio Rural poñer os medios necesario para deter a hemorraxia epizoótica

Sonia Vidal
Sonia Vidal

A deputada Sonia Vidal anunciou que o BNG rexistrou novamente unha iniciativa no Parlamento exixindo unha partida orzamentaria para indemnizar os casos afectados por esta enfermidade

Denunciou a situación de agravio do sector leiteiro nas comarcas dos Ancares, Tabeirós e Ordes, ante a negativa de recoller o leite por parte da empresa Lactalis

A portavoz de Agricultura e Gandaría do Bloque Nacionalista Galego, Sonia Vidal, denunciou a situación que está a vivir o sector bovino a consecuencia da hemorraxia epizoótica a consecuencia do aumento das temperaturas e que o BNG xa leva alertando estes últimos meses das consecuencias que ía a ter chegado o verán.

“O Partido Popular é totalmente consciente do que aí acontecer mais o único que fixeron foi pedir ao Estado unha estratexia común coa afectación da EHE e a coordinación dun protocolo en común” salientou a deputada e reclamou que se poñan a traballar dentro das competencias que teñen para tomar medidas urxente. “Non se trata dun traballo calquera onde se pode buscar outras opcións, trátase da vida das labregas e labregos”.

Sonia Vidal denunciou que o BNG leva advertindo desta enfermidade dende o inicio desta lexislatura e o goberno do Partido Popular estea completamente ausente ante a impotencia que están a vivir as gandeiras deste país nestes momentos. Explicou que sen ningunha información o respecto así como a falta dun protocolo a seguir. “Os veterinarios privados teñen que facer o traballo da Conselleira xa que seguen sen ter unha previsión nin suficientes veterinarios contratados” apuntou. Os veterinarios están completamente desbordados sen poder atender a todas as explotacións afectadas.

O BNG rexistrou novamente outra iniciativa para o novo período na que se exixe unha partida orzamentaria para indemnizar os casos de EHE. Unha partida real que non só se destine para ás mortes, senón para a medicación, consultas veterinarias, análise de sangue e tratamentos que, en moitos casos, ascende a cifras pouco asumibles nas pequenas explotacións. “Está a saír por parte do Ministerio un protocolo de actuación, así como as indemnizacións e precisamos que a Consellería actúe con máxima prioridade e urxencia sen meter as gandeiras en excesiva burocracia” destacou.

 

Agravouse a situación do sector leiteiro

O pasado 12 de xullo a situación agravouse mediante o coñecemento de que unha central leiteira, concretamente a empresa Lactalis, vén de anunciar que deixa de recoller o leite a un grupo de gandeiros e gandeiras de distintas comarcas do país. Esta industria láctea de capital francés, négase a renovar o contrato a ganderías das comarcas dos Ancares, Tabeirós e Ordes.

Vidal explicou que os argumentos empregados por esta empresa son que “estas explotacións non cumpren as novas normativas da Unión Europea, ou simplemente, e maioritariamente,  que por razóns de carácter loxístico non lles interesa seguir recollendo leite nestas explotacións”. Nalgunha comarca do país, actualmente a produción de leite concentrase en moi poucas explotacións, como é o caso de Ancares.

“Leite Río está a realizar renovacións de contratos por baixo dos 40 céntimos e, de novo, as granxas máis pequenas e sostíbeis, as máis prexudicadas” sinalou a deputada.

Sonia Vidal advertiu que “a sensación que temos nestes momentos e unha chantaxe da industria, fomentada das políticas do PP, para destruír todo aquel que non teña unha gandeiria de alto nivel”. Denuncia que as políticas que se levan a cabo só son para catro persoas, facendo cada vez menos viable as gandarías sostibles e vinculadas o territorio como son a maioría das explotacións gandeiras deste país.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG