BNG denuncia un “uso fraudulento” dos servizos de SOGAMA e acusa á Xunta de “conivencia” coa empresa Valtalia

Luís Bará
Luís Bará

Luís Bará criticou o descoñecemento da directora de Calidade Ambiental sobre a avaría en SOGAMA que obriga a desviar os camións a verter o lixo no vertedoiro

Denunciou as condicións de traballo no vertedoiro de AREOSA con camións pesados co eixo no aire, nunha superficie inestable e pediu medidas urxentes para que non se repita un accidente como o rexistrado en Zaldibar, Vizcaya

O portavoz de Medio Ambiente do BNG, Luís Bará solicitou, a través dunha pregunta ao goberno, os datos sobre o impacto ambiental da planta incineradora de SOGAMA, a capacidade dos vertedoiros e porcentaxe de ocupación, as previsión para cumprir o Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galiza e  a valoración da Xunta sobre o funcionamento da planta de compostaxe de Cerceda. Tras a intervención da directora de Calidade Ambiental, María  Sagrario Pérez Catellanos, o deputado do BNG criticou o seu descoñecemento da “avaría en SOGAMA” e que eludira  responder  ás cuestións formuladas polo BNG.

O deputado denunciou “as irregularidades do complexo de SOGAMA e o uso fraudulento” por considerar que  “cobra  por un servizo que non cumpre” e anunciou que o BNG estuda emprender accións contra este fraude.

Convivencia entre a Xunta e o grupo empresarial Valtalia

O parlamentario fixo unha brincadeira e propuxo cambiar o nome de SOGAMA, Sociedade Galega de Medio Ambiente  por “SOGAIM, Sociedade galega de Incineración e vertedoiro” porque SOGAMA, dixo,  dedicase a iso, “a queimar e verter” ao que sumou as emisións contaminantes que produce e que a converte “nunha grande fábrica de cambio climático”.

SOGAMA é un modelo “obsoleto, ineficiente, centralizado e custoso” pero ademais representa un “entramado de empresas” e unha xestión deficiente. Neste entramado, están as plantas empacadoras, sistema de transporte e o complexo de incineración e vertedoiro de Cerceda. Existe un “cúmulo de irregularidades e unha conivencia preocupante entre a empresa que xestiona as empacadoras e a UTE que xestiona o transporte” porque, en parte, son a mesma, o “Grupo Valtalia” con catro grandes contratos para o monopolio de toda a xestión de Cerceda e que superan o 500 Millóns de euros.

Por outra banda, existen vínculos familiares entre Valtalia e Copasa que xunto a Renfe  xestiona o transporte do lixo a SOGAMA, engadiu.

“Algo cheira a podre en Cerceda” e  se está a verter “a caño libre” no vertedoiro de Areosa sen pasar previamente pola planta de SOGAMA, aseverou  o nacionalista.

Bará pide medidas urxentes para que Galiza non rexistre un accidente como o de  Zaldibar

O deputado criticou que  Pérez Castellanos non respondera sobre as medidas previstas pola Xunta ante a “avaría  na planta de incineración” que condiciona todo o sistema e na planta de clasificación o transporte emprega ate 10 horas agardando para descargar os camións que ante o colapso son desviados a verter no vertedoiro. “Non poden descargar porque hai unha avaría”, circunstancia que vostede descoñece, e que nos crea unha grande preocupación, reiterou.

Por outro lado, lembrou as condición de traballo no vertedoiro de Areosa no que “un camión ten que transportar o lixo co eixo no aire e por unha superficie inestable e flotante” polo que pediu medidas urxentes para que non se rexistre en Galiza un accidentes como o de Zaldibar. Existen escritos dos condutores que están alertar desta situación, remarcou.

O deputado criticou o modelo de tratamento de residuos  do PP baseado na incineración e  depósito en  vertedoiro, formula criticada mesmo pola Comisión europea. “É un erro”, aínda que o goberno galego pretenda maquillar esta realidade “con plantas de compostaxe” porque  sabemos como funciona  Cerceda.

Cambien “o chip” e deixar de comportarse como un “condutor Kamikaze “e súmense a corrente europea como está a facer o BNG.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG