Parlamento Europeo

O BNG denuncia que o goberno limite por decreto a liberdade de expresión

Ana Miranda (Foto: Delmi Álvarez)
Ana Miranda (Foto: Delmi Álvarez)
Ana Miranda critica a hipocrisía do goberno en funcións ao aprobar un decreto que respalda a censura pero non poña en marcha outros para evitar accidentes como o do Alvia

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, denuncia a présa do goberno central por aprobar un decreto que pon límites á liberdade de expresión no ámbito dixital coa Lei mordaza, mentres non cumpre o requirimento da Comisión Europea que emana do procedemento de infracción aberto contra o Estado español sobre o incumprimento da normativa europea de seguridade ferroviaria relacionado co accidente do Alvia. “Estamos diante dun impresionante exercicio de hipocrisía”, afirma.

“É impresentable que o goberno en funcións aprobe un decreto que limita a liberdade de expresión da cidadanía e que criticamos abertamente como unha censura mentres non pon en práctica os requirimentos da Comisión Europea en seguridade ferroviaria que lle leva pedindo a Comisión dende xaneiro de 2019”, critica a portavoz do BNG en Europa, quen lembra que despois da denuncia presentada polo BNG en 2017, a Comisión Europea iniciou en xaneiro deste ano un procedemento de infracción, ao considerar que os procedementos de seguridade ferroviaria no Estado español non cumpren a normativa europea.

Nese proceso, sinala Ana Miranda, a Comisión pídelle ao Estado Membro que implante un plan de cumprimento do control de riscos, que debe ser aprobado mediante un decreto, que debe aprobarse en Consello de Ministros, ou unha lei, que ten que tramitarse no Parlamento. “A realidade é que tras o novo requirimento enviado en outubro pola Comisión Europea ao goberno español para que cumpra as esixencias trasladadas no procedemento de infracción, o Estado español segue sen facer nada para mellorar a seguridade ferroviaria”, subliña.

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG