O BNG denuncia un “ERTE encuberto” en auxiliares de Inditex e cambio unilateral de horarios ás traballadoras das tendas

Concentración Inditex
Concentración Inditex
Xosé Luís Rivas critica a decisión da empresa que xustifica novas condicións laborais en Galiza tras un  acordo cun sindicato español

O cabeza de lista do BNG pola provincia da Coruña, Xosé Luís Rivas participou hoxe na concentración das traballadoras e traballadores de tendas de  Inditex contra o cambio de horario nas tendas  e   novas  condicións laborais anunciadas pola empresa.

Rivas alertou dun “ERTE encuberto masivo” nas  empresas auxiliares de Inditex para facilitar a conciliación, decisión, explicou o candidato do BNG,  que a empresa xustifica a través dun acordo cun sindicato español e que prexudica gravemente ás traballadoras e traballadores galegos, en moitos dos servizos cos que contan na actualidade.

O candidato do BNG, acompañado da candidata nª3, Mercedes Queixas e o deputado de Cultura do BNG na Deputación da Coruña e portavoz municipal en Arteixo, Xurxo Couto, manifestou que as novas condicións laborais anunciadas  por Inditex serán un obstáculo para a conciliación e reclamou que a empresa “atenda ás demandas das traballadoras e traballadores”.

O BNG, dixo, comprométese a utilizar todos os medios ao seu alcance para que este acordo “non se materialice” e buscar unha solución ás novas medidas anunciadas pola empresa contrarias aos intereses dos traballadores, na súa maioría mulleres.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG