parlamento galego

BNG consegue que a Xunta se comprometa a acometer as obras necesarias no centro de saúde de Santa Comba

Iria Carreira
Iria Carreira
A deputada Iria Carreira urxe encontrar unha solución entre as administración para a realización das clases de preparación ao parto garantindo o seu desenvolvemento nun espazo digno

A deputada do Bloque Nacionalista Galego, Iria Carreira, denunciou na Comisión 5º, Sanidade, Política Social e Emprego, a situación na que se encontran as infraestruturas e a falta de dotación de profesionais do centro de saúde de Santa Comba, que a día de hoxe conta con numerosas eivas que comprometen o benestar tanto do persoal coma da veciñanza que se achega ao mesmo.

O BNG conseguiu que a Xunta se comprometa a firma un convenio a través do cal acometer as obras oportunas para solucionar as deficiencias do centro, tanto por deterioro, como no que se refire á dotación de salas e recursos materiais. Unha medida que contou cos votos favorables do BNG e os populares e coa abstención do PSOE.

Outra das medidas aprobadas é a de garantir a realización das clases de preparación ao parto garantindo o seu desenvolvemento nun espazo digno e que responda ás necesidades de pacientes e profesionais. Aprobada polo BNG e PP e coa abstención do PSOE.

Ademais, de acometer unha mellora das infraestruturas, Iria Carreira urxiu “garantir a dotación de persoal e as coberturas das ausencias que se poidan producir no cadro de persoal” para poder proporcionar unha atención sanitaria de calidade á poboación e evitar a sobrecarga laboral das profesionais. Unha medida que saíu por unanimidade.

A deputada nacionalista sinalou que “o tellado está en mal estado, con moitas das tellas rotas que provocan humidades e goteiras no interior do centro”. Ademais, o seu mal illamento non só se traduce nestas filtracións de auga, “senón que chega a dificultar a actividade diaria polo ruído da auga a bater na cuberta, que entorpece o entendemento nas consultas e na área administrativa”.

A climatización do centro tamén é defectuosa, con áreas que no verán acadan altas temperaturas e outras que, a pesar da calefacción, permanecen frías todo o ano, “o que provoca que moitas profesionais acaben traendo radiadores e calefactores para ter unha temperatura minimamente axeitada” subliñou Carreira que alerta que o sistema de calefacción que “funciona a base de pellets e que xa leva provocados varios sustos no centro, obrigando a abrir fiestras e ventilar, mais tamén a desaloxar o centro ou unha parte del, ou tamén incluso, a solicitar a presenza do equipo de bombeiros”.

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG