Galegas 2020

O BNG chama na Rúa a “facer historia” coa primeira presidenta á fronte da Xunta de Galiza a partir do 12X

Acto A Rúa
Acto A Rúa
Presas lembrou no mitin que a compañeira María G. Albert, candidata ao Parlamento, tamén fixo historia converténdose na primeira alcaldesa da Rúa

A cabeza de lista por Ourense do BNG, Noa Presas, acudiu a un mitin no Concello valdeorrés da Rúa onde chamou á veciñanza a facer historia votando á organización nacionalista e tendo a primeira muller á fronte da Xunta de Galiza. Presas, acompañada da tamén candidata María G. Albert, reivindicou o papel das mulleres e a mobilización destes últimos anos do feminismo galego afirmando que “é a hora das mulleres”.

Durante o mitin, a nacionalista Presas exemplificou o traballo do BNG na súa compañeira de organización e de candidatura, a concelleira ruesa, María Albert: “exemplo de liderado feminista e nacionalista que hoxe botan de menos todos os veciños e veciñas” afirmou Presas lembrando que María foi alcaldesa da vila. “A súa entrada no parlamento será un privilexio por ser unha persoa firme, decidida e dialogante” enumero a cabeza de lista mentres lembraba os traballos conxuntos que realizaron na defensa dos intereses da comarca de Valdeorras.

“Feijóo promete máis servizos e mellor sanidade para Ourense como se non levase 11 anos gobernando este país” enunciou sorprendida a candidata. Asemade, indicou que o candidato do PP foi “incapaz de consensuar unha solución para o centro de saúde da Rúa” e unicamente o empregou “como chantaxe electoral”.

Acto A RúaMais tamén lembrou a cabeza de lista do BNG como nestes once anos de goberno da formación conservadora á fronte da Xunta de Galiza “o hospital de Valdeorras foise degradando, restándolle autonomía despois da reforma da lei de saúde, tendo persoal que ten aquí para a praza pero que traballa en Ourense”. Para o BNG, a falta de persoal no hospital levou tras de si, situacións tan graves “e aínda sen investigar” como a falsificación dos partes de garda.

Dotación de material para a extinción de incendios

Presas tamén criticou a situación actual pola que atravesa a base de Vilanova sen helicóptero e “A Rúa segue sen motobomba”. “É inaceptable que a día de hoxe con altas temperaturas e xa en alto risco de lumes non teñamos os medios aéreos suficientes” reivindicou a candidata do BNG. Esta situación de desprotección contra os lumes non é a única na que a Xunta de Feijóo se puxo de perfil xa que “tamén o fixo na des localización de Iberdrola: once anos de goberno ausente e irresponsábel”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG