BNG centra o vindeiro pleno nos problemas da mocidade para emanciparse, o modelo eólico “depredador” da Xunta e a creación dunha única rede de servizos sociais

Olalla Rodil
Olalla Rodil

O BNG centrará os debates da vindeira sesión plenaria sobre os dereitos dos mozos e mozas a desenvolver un proxecto de vida autónomo, o desenvolvemento eólico e as políticas depredadoras do Partido Popular e a proposta de crear “unha única rede de servizos sociais.

A viceportavoz do Grupo parlamentario do BNG, Olalla Rodil, deu conta dos debates propostos polo BNG na Xunta de portavoces entre os que destacou, a solicitude da conselleira de Medio Ambiente para que explique porqué  abandonou  a reunión do  Consello de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible na que os axentes sociais lle pedían someter a votación os “desmáns da Xunta diante deste bum eólico depredador que está esnaquizando o territorio e medio ambiente, só para beneficio das empresas enerxéticas”.

Rodil explicou que a conselleira, saltándose a lei como acaba de sinalar, por terceira vez, o TSXG coa sentenza do parque eólico do Roncudo, fixo o que mellor sabe facer “saír correndo e escapar para non dar explicacións”.

Rodil avanzou que a  pregunta da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón a Feixóo será sobre o dereito da mocidade galega a emanciparse  e desenvolver un proxecto de vida autónomo. Neste sentido, lembrou que onte mesmo, a portavoz nacionalista visitou un piso de estudantes no que puido conversar con varias mozas e mozos e falar das condicións de vida que teñen hoxe moitas persoas menores de 30 anos en Galiza.

Que vai facer a Xunta para que a mocidade galega deixe de estar “á cola  da emancipación no conxunto do estado”, segundo  os datos  cola so datos do INJUVE.

“Emanciparse en Galiza é case misión imposible para a xente moza.” As persoas que teñen entre 30-34 anos, nun  40%, vense obrigadas a seguir na casa familiar e  representa a  segunda peor taxa de emancipación do Estado nesta franxa de idade.

Por outra parte, engadiu, o último informe da EPA, no último trimestre, o 23% da mocidade galega está desempregada e  as mozas e mozos que teñen traballo fano en condicións precarias: traballos temporais e  sen chegar a seren  mileuristas.

O  BNG tamén  levará ao pleno o  desenvolvemento eólico e as políticas “depredadoras do Partido popular”. Neste sentido, o BNG solicitou a comparecencia da Conselleira de Medio Ambiente e interpelará ao goberno sobre a política eólica da Xunta porque  o “ PP  está poñendo a  Galiza ao servizo dos intereses dun puñado de eléctricas saltándose se é necesario a lei tanto galega como a europea”.

“O PP mantén consciente e interesadamente un Plan eólico dos anos 90 que está moi lonxe dos estándares ecolóxicos e sociais do século XXI”, remarcou.

Finalmente, o BNG defenderá unha Proposición non de Lei, impulsada pola CIG e avalada por milleiros de sinaturas, para que o Sistema Público de Servizos de Atención ás persoas quede integrado “nunha única rede de servizos socias” que acolla  á  atención nos servizos de día, á discapacidade, axuda no fogar, as casas niño e  do maior, o xantar na casa  ou o transporte adaptado.

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG