BNG celebra, en cumprimento do acordo asinado para a investidura, a prórroga dos bonos de transporte para 2024

Carme da Silva e Néstor Rego
Carme da Silva e Néstor Rego
A organización nacionalista ve positivo que se vaia avanzando nas medidas recollidas no acordo de investidura

Néstor Rego e Carme da Silva (BNG) poñen en valor o acordo arrincado ao PSOE: “Este acordo de investidura recolle o compromiso de que se aplique para toda a cidadanía, todo o ano”

O BNG avanza que estarán moi atentos e atentas para que a medida se complete na súa plenitude, xa que no acordo recóllese literalmente: “en 2024 manteranse para todos os cidadáns e cidadás a redución do prezo dos abonos de transporte” mais tamén engade “e posteriormente (a 2024) converterase esta medida nunha política permanente para determinados colectivos”.




 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG