BNG avoga por manter a oferta educativa en Chantada para impedir o traslado do alumnado a outros centros e consolidar poboación no rural

Carme Aira
Carme Aira
Carme Aira criticou a decisión de Educación de baleirar un centro con espazo e accesos adaptados e trasladar ao alumnado do Val do Asma  a outro centro sen accesibilidade

A través dunha pregunta parlamentaria sobre as previsións da Conselleira de Educación para modificar a oferta educativa en Chantada, a deputada do BNG, Carme Aira, avogou por “manter a actual oferta para impedir o traslado do alumnado a outros centros” e, sobre todo, dixo, para  consolidar a poboación no rural. Ao seu entender, “se os alumnos e alumnas se ven obrigados a estudar noutros centros esta circunstancia incide negativamente para fixar poboación”

E por outro lado, estaremos ante un centro, o Lamas das Quendas con 400 alumnos e alumnas mentres outros terán entre 60 0u 65.

Na súa intervención, Aira explicou que Chantada conta con dous institutos, O Val do Asma e o Lamas das Quendas, centros  complementarios na súa oferta formativa para a poboación de Chantada e  arredores.

No mes de febreiro facíase pública a intención da consellería de Educación  de destinar  a Formación Profesional do Val do Asma, co  resto do alumnado ao outro instituto.

Para a deputada, esta  decisión non resulta “entendible”, nin para a comunidade educativa nin para a poboación de  Chantada xa que o Instituto Val do Asma  é un centro que funciona “extremadamente ben” e as numerosas solicitudes de matriculación contribúen  a que o alumnado poida escoller entre diferentes ofertas educativas. 

“O máis incomprensible”, recalcou a nacionalista, é que a medida non fora  tratada cos actores implicados  e que a  consellería non tivera en conta o rexeitamento de todos os ámbitos afectados pola falta de accesibilidade, incremento de alumnado con instalacións inadecuadas,  sobrecarga para unha soa orientadora, ou  falta de solucións para o comedor.

Durante este tempo houbo movementos sociais para reivindicar que se manteñan ambos institutos, constituíndose a  Anpa do Val do Asma e  mantear a oferta educativa para o vindeiro curso tal e como na actualidade pero descoñecemos si a consellería tamén está decidida a manter “as cousas como están”.

A xuízo da deputada, a  oferta formativa de FP  merece unha especial atención  e debe resultar “atractiva” para a mocidade do interior con estudos enfocados a saídas profesionais que favorezan a “implantación de xuventude no rural”. Non podemos permitir que se perda a oferta formativa de Chantada e  comarca baixo a obriga de materias con cinco alumnos ou alumnas. Este criterio, dixo a deputada, non “discrimina positivamente o rural” e avogou por  manter a oferta, “á marxe do número de rapaces e rapazas matriculadas”. “Hai profesorado para impartir as asignaturas e non podemos castigar aos alumnos e alumnas e impedir o arraigo da xuventude no territorio”.

A deputada esixiu “valentía” ao Director Xeral de Educación, José Luís Mira e un compromiso real para aplicar  políticas que melloren a oferta formativa dos centros de xeito coordinado dentro do territorio porque  non ten sentido, asegurou,  que en toda a zona sul de Lugo se repitan  ciclos de formación profesional e  que alumnas e alumnos non teñan onde escoller, “hai que  abrir o abano o máximo posible, facilitar o transporte público para o alumnado, aproveitar o potencial dos centros polas tardes, retirar a  norma que cuantifica o valor das persoas que queren estudar, de modo que 5 valen e 4 non valen aínda que haxa medios para iso, o cal a máis de ser absurdo debería ser ilegal”.

As políticas que conducen á “competencia” entre institutos públicos, “son absurdas”, ao igual que autorizar a centros privados ciclos vixentes no ensino público. 

A poboación, os cadros directivos, nais e pais e crianzas, debe ter a seguridade da oferta educativa e non a incertidume sobre o que pode acontecer no vindeiro curso, concluíu.

 

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG