O BNG apoia ás mobilizacións do persoal da CRTVG contra a manipulación do PP

Ana Pontón
Ana Pontón

Ana Pontón denuncia o uso partidista do PP que converteu a CRTVG no gabinete de prensa de Feixóo

O BNG apoia a convocatoria de folga convocada para mañá, 19 de outubro polos traballadores e traballadoras da CRTVG contra a manipulación do Partido popular sobre os  medios públicos.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón lembra que os traballadores e traballadoras da Radio Televisión de Galiza levan “30 venres negros” denunciando a manipulación e mañá están convocados a unha folga para defender  uns medios públicos “plurais e veraces”  pero sobre todo, para  superar o modelo dunha televisión e unha radio públicas  ao servizo do Partido popular que as converteu   “no gabinete de prensa” do actual Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixóo.

CRTVG, GABINETE DE PRENSA DE FEIXÓO

Para a portavoz do BNG, ter unha democracia forte implica medios públicos plurais. Neste sentido, denunciou que Núñez Feixóo “secuestrou  os medios de comunicación do noso país” para “maior gloria da súa persoa” e  para continuar coa posvertadade  facéndonos  crer que todo vai ben. O certo, dixo a nacionalista, é que os galegos e galegas temos moitos problemas, e entre eles,  unha radio e televisión públicas á que destinamos 100 Millóns de euros para financiar o “gabinete de prensa máis caro” do noso país.

Pontón reiterou o apoio do BNG ás mobilizacións que veñen desenvolvendo os traballadores e traballadoras da CRTVG baixo o lema #DefendeAGalega e lembrou que hoxe pola tarde, O BNG, defenderá  no Parlamento galego unha proposta  para reformar  a lei dos medios públicos de comunicación audiovisual co fin de  recuperalos como “servizo público” para Galiza.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG