BNG alerta do impacto da eólica mariña sobre os caladoiros e pide declarar Galiza espazo libre de implantación de parques eólicos mariños

Rosana Pérez
Rosana Pérez

Rosana Pérez pregunta ao goberno polos estudos ambientais e o acordo asinado con Asturias para impulsar o desenvolvemento desta enerxía

A través dunha pregunta parlamentaria, a portavoz do BNG, Rosana Pérez trasladou ao goberno galego, a preocupación do sector pesqueiro polo impacto dos proxectos eólicos mariños. Rosana Pérez reclamou declarar Galiza, “espazo libre para a implantación de parques eólicos mariños”.

Para o BNG, dixo, existe un grande “silencio e falta de transparencia” e no Parlamento galego mesmo  descoñecemos os debates do Observatorio da Eólico Mariño, na súa opinión,  de maneira premeditada para beneficiar os interese do goberno galego.

A deputada lembrou que o pasado mes de decembro, o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, afirmou no marco da  V Edición do congreso,  Galician Offshore International Hub, celebrado en Ferrol, que existía  “un diálogo frutífero e consenso co sector pesqueiro marítimo galego ” para  atopar as localización máis adecuadas para o desenvolvemento desta enerxía.

A deputada explicou que as  declaracións de Conde foron criticadas días máis tarde por un representante  do  Consello Galego de Pesca no Observatorio da Eólica Mariña de Galiza, que, rotundamente negou “tal acordo” sobre  posibles zonas e recalcou que o sector considera “incompatible” a eólica mariña coa pesca e cos ecosistemas mariños.

Neste sentido, a deputada acusou ao goberno de “manipulación” por facer público un acordo que non existe ademais de  desvirtuar  a  posición do Observatorio e o sector pesqueiro.

Por outra banda, engadiu que  tampouco existen  estudos sobre o impacto dos posibles parques eólicos mariños nos caladoiros.

Tras a intervención da Directora xeral de Planificación Enerxética e Recurso naturais,  Paula Uría que confirmou que non procede avaliar ningún proxecto mentres o goberno central non aprobe as zonas, a parlamentaria do BNG replicou que  tanto os grupos parlamentarios como a sociedade descoñece os traballos do Observatorio, nin os acordos xa tomados a este respecto.

“Si realmente, como acaba de afirmar  ‘non procede avaliar a implantación dos proxectos   concretos mentres o Goberno central non aprobe as zonas’  porqué  o vicepresidente da Xunta afirma que existe consenso sobre as localizacións co sector pesqueiro”? preguntou.

Para a deputada, senón procede avaliar ningún proxecto concreto porque son analizadas  as zonas?  a non ser, recalcou que a verdadeira   intención do goberno galego sexa primeiro  avaliar as zonas para despois implantar os proxectos eólicos.

A deputada do BNG tamén preguntou polos termos do acordo asinado polo Presidente da Xunta e os presidentes de Asturias e Cantabria para impulsar a enerxía eólica e se o acordo será remitido aos grupos parlamentarios que o solicitaron. A Directora Xeral de Planificación enerxética da Xunta eludiu responder á solicitude da nacionalista.

 


 
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG