O deputado do BNG, Luís Bará acusou hoxe á Xunta de “ecocidio e terrorismo ambiental” provocado polos proxectos dun modelo eólico “depredador” e de “non respectar as sentencias xudiciais” que constatan a vulneración da normativa europea e ambiental.
A través dunha pregunta parlamentaria sobre as previsión do Goberno galego para garantir o cumprimento da normativa ambiental, o nacionalista lembrou a sentenza do día 21 de xaneiro do TSXG pola que anula a “repotenciación do parque eólico de Corme”. Este fallo xudicial, explicou, é “un vara pau máis a actuación irregular da Xunta de Galiza”, por “vulnerar a normativa de información e participación ambiental” así como a redución dos prazos de 30 a 15 días e a propia lei de avaliación ambiental.
Ademais, engadiu, a Xunta non incluíu toda a documentación preceptiva ao expediente sometida a información pública, feito que cualificou “grave” por non respectar os dereitos da cidadanía recoñecidos pola normativa europea e ambiental. No fondo, recalcou este proceder, demostra “até onde esta disposta a Xunta vulnerando a lei para favorecer ás empresas”.
A Xunta, “é reincidente” e en dous anos tres sentenzas xudiciais do TSXG constatan o “mal que está facendo as cousas o goberno” como podemos ver co método de “trocear os parques” para evitar as garantías de controis ambientais. Unha fragmentación, “fraudulenta”, neste sentido, anunciou que se producirán máis denuncias sobre os proxectos da empresa, Grennalia.
A Xunta exerce de xestoría do lobby eléctrico
Para o deputado do BNG, a Xunta exerce de “xestoría” dos intereses do lobby eléctrico das empresas do sector eólico e cometendo “todo tipo de vulneración de dereitos comunitario” e con modificacións legais e aprobando o que cualificou de “lei de depredación” para a simplificación administrativa, acompañada dunha avalancha de cambios para favorecer as tramitacións, a pesar de vulnerar as garantías.
Dende o BNG preguntamos “que máis ten que pasar” para que a Xunta asuma “a desfeita do territorio”. E isto, reiterou Bará, non só o decimos no BNG, tamén o di o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, o Observatorio eólico de Galiza, o informe do Consello da Cultura galega, os concellos afectados “de distintas cores políticas, mesmo do PP” e sobre todo, organizacións do Medio Rural, Ecoloxistas, e unha importante maioría da cidadanía galega contraria ao seu modelo de desenvolvemento eólico.
Tras a intervención da directora xera de Planificación Enerxética, o nacionalista volveu a aludir ao caso de Corme, no Roncudo, que a pesar das alegacións e as denuncias da instalación dun aeroxerador nunha poza con aves e especies protexidas, a Xunta permitiu colocar aeroxeradores no borde da lagoa. O deputado ilustrou esta denuncia con varias fotografías mostrando a escavación no límite da lagoa.
Bará cualificou esta actuación da Xunta de “auténtica aberración” e afirmou que a vindeira lexislación ambiental recollera a figura de “ecocidio” como destrución “gratuíta e innecesaria de espazos protexidos”.
O deputado concluíu a súa intervención preguntando á directora xeral si a Xunta ten previos iniciar modificacións legais para garantir o cumprimento da normativa europea e lexislación ambiental o ben, seguirán “botados ao monte e ignorando as leis”.
Bará lamentou que a responsable de Planificación enerxética da Xunta eludira responder ás cuestións formuladas polo nacionalista e anunciou que o BNG continuará ao lado da cidadanía para defender o medio ambiente e as áreas que deben ser protexidas e reprochou que o Partido popular siga de ganchete “dos grandes grupos de presión como Iberdrola, Greenalia, Ecoener e das grandes empresas eólicas”.