BNG acusa o PP de instalarse na mentira e na descualificación en lugar de atender os problemas da sanidade

Montse Prado
Montse Prado

Montse Prado replícalle ao PP que o comunicado do 061 á concesionaria confirma o traslado da ambulancia medicalizada do Salnés ata o 31 de outubro

A encargada da área de Sanidade do BNG, Montse Prado, acusou o PP de “seguir instalado na mentira e na descualificación en lugar de atender os problemas graves” da sanidade” dos galegos e das galegas e replícalle que o comunicado que o 061 lle enviou á empresa concesionaria da ambulancia SVA (Soporte Vital Avanzado) con base no Hospital do Salnés confirma que esta -cita textualmente- “permanecerá na base do centro de Saúde PAC de Baltar (Portonovo) durante dous meses máis, previsiblemente ata o 31 de outubro”.

A deputada tivo acceso a este comunicado que a empresa enviou a semana pasada aos profesionais da ambulancia medicalizada do Salnés e que confirma que o BNG non emitiu “falsas acusacións”, nin está “desinformado”, asegurou Prado, para reiterar que “é o Partido Popular o que pretende máis unha vez enganar a veciñanza da comarca do Salnés”.

A deputada nacionalista saíu así ao paso das acusacións por parte do PP ao BNG e despois de que os populares asegurasen estes martes que a ambulancia desprazada a Sanxenxo volvería á súa base do Salnés en Setembro.

“Celebramos que aceleren ese traslado, como demandamos desde o BNG” afirma, e espera que “este sexa o último verán que tomen a decisión de trasladar a ambulancia para Sanxenxo e deixar así desprotexida unha parte moi importarte da comarca, empezando polo Concello de Vilagarcía, con case 40.000 habitantes”.

Parado anuncia que o BNG seguirá a esixir que “a ambulancia medicalizada teña a súa base no Hospital do Salnés durante todo o ano e que se reforce O Grove e Sanxenxo con outra ambulancia diferente”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG