A deputada do BNG, María Albert interpelou ao conselleiro de Medio Rural sobre as previsións da Xunta en materia de prevención de incendios para que non se repita a situación do “terrible verán do 2022” que prexudicou gravemente o interior de Galiza. Un interior, dixo, que o goberno do PP na Xunta mantén, “incomunicado, avellentado, despoboado e marxinado”.
A nacionalista reprochou á Consellería de Medio Ambiente a súa falta de respecto co Parlamento por negar a información requirido polo grupo parlamentario do BNG sobre medidas de prevención contra os lumes e a súa “desidia” á hora de rexenerar as zonas afectadas.
Na súa intervención lembrou que no ano 2022 arderon Espazos naturais, reservas da biosfera e xeoparques, “pulmóns do noso país” en Os Ancares – Courel, e os parques naturais de Serra da Enciña da Lastra, O Invernadoiro e Baixa Limia - Xurés
Hoxe, dixo, Albert dende o BNG interpelamos ao conselleiro Medio Rural .porque é importante que este Parlamento dispoña de información detallada en relación a que medidas de prevención específicas estaban en vigor nestes e outros espazos de especial relevancia natural e sobre o desleixo da Xunta para velar pola súa protección, recuperación e rexeneración, así como o control das das consecuencias negativas provocadas polo lume.
Ambas cuestións, reiterou a nacionalista, están de actualidade porque constatamos “a incapacidade dos instrumentos de ordenación e xestión en vigor para protexer eses espazos”. Instrumentos de ordenación e xestión (PORN e PRUX), insuficientes e mal dotados economicamente.
Medio Rural “incendia o debate” na campaña electoral das municipais
A parlamentaria do BNG lembrou que o pasado 17 de maio, en plena precampaña das eleccións municipais, o titular de Medio Rural, José González permitiuse o luxo de incendiar o debate nun acto en Sandiás acompañado por outros cargos públicos como o vicepresidente da Deputación de Ourense. Vostede, explicou Albert, responsabilizou á Unión Europea e as súas ferramentas de protección medioambiental, como a Directiva Hábitat e a Rede Natura 2000, “dos incendios do ano 2022 e o abandono do monte” ao que sumou a poboación por fauna salvaxe.
A deputada indicou que o ano pasado, o 70% das hectáreas afectadas polo lume estaba en Rede Natura, rede ecolóxica europea de áreas de conservación da biodiversidade deseñada dende hai máis de 25 anos e que obriga á Xunta de Galiza a velar pola súa protección”.
Por outra banda, explicou que Galiza é a comunidade de todo o Estado con menos proporción de superficie incluída en Rede Natura (menos do 12%); case a metade que o resto de comunidades e case catro veces menos que lugares como Canarias (42%) y Madrid (40%). Este feito fixo que a Comisión Europea advertise con abrirnos expediente por incumprimento das leis da Unión. E a pesar desta circunstancia, o PP permítese eliminar “unha brigada de limpeza no Xurés” e votar 2 veces en menos de 6 meses neste Parlamento en contra da súa restitución.
Preocúpanos imaxinar que medidas considera necesarias a Consellería do Medio Rural para evitar que os espazos protexidos por Rede Natura 2000 sexan, segundo as súas propias palabras , “causantes de incendios forestais”. Sería mellor eliminalas? preguntou ironicamente a deputada ou máis ben é un argumento para unha solución ao modo de Bush, que estimaba que “a mellor solución para que os montes non arderan era talar todas as árbores”.
Vostedes non son quen de executar o 25% do seu orzamento e pediu a Medio Rural que non centre a súa xestión exclusivamente nas subvencións e invista máis en política preventiva, concluíu.