parlamento galego

BNG acada o compromiso do Conselleiro de Educación cunha unha solución “transitoria” para o curso 2023-2024 para as persoas usuarias centro ASPABER

Daniel Pérez
Daniel Pérez
Daniel Pérez celebrou o anuncio de Román Rodriguez para garantir a continuidade da atencón das 20 persoas do centro durante o actual curso e reclamou que esta medida non sexa temporal  

O BNG, a través dunha pregunta parlamentaria ao goberno formulada polo deputado, Daniel Pérez sobre as garantías de continuidade do centro de educación especial Aspaber, acadou o compromiso do conselleiro de Educación, Román Rodríguez para o curso 2023-2024.

O nacionalista celebrou o anunciou e reclamou prorrogalo ao curso 2024-2025 para que o  centro que  atende a 20 persoas cun alto grao de dependencia poda seguir desenvolvendo a súa función e continuar cun servizo básico e vital para esas persoas e as súas familias.

Na súa intervención, o deputado do BNG lembrou que Aspaber é unha asociación de pais e nais de persoas con  discapacidade psíquica que  naceu no ano 1976 en Carballo e que xurdiu  co obxectivo de axudar a un grupo de persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias, nas tarefas diarias  e na propia convivencia.

Hai que ter en conta, explicou  o nacionalista que  axudas das administracións para este colectivo eran moi escasas e os recursos asistenciais públicos inexistentes e foi un grupo de familias  da comarca de Bergantiños o que decidiu organizarse para algo tan básico e imprescindíbel como ofrecer un  maior benestar para as súas fillas, fillos ou familiares con  discapacidade intelectual, e este, dixo, foi o xermolo de Aspaber.

A asociación  foi  adaptándose aos cambios e novas necesidades das persoas con discapacidade, buscando prestar un apoio integral  a familias e usuarios dos diferentes servizos ofertados e na actualidade conta cun “servizo especializado de atención diurna e con actividades de tipo terapéutico, ocupacional ou lúdico” ademais dun centro de convivencia para as persoas con  dificultades para permanecer no seu fogar.

Tamén, conta cun centro ocupacional no que imparten a formación necesaria para que as usuarias e usuarios podan desempeñar un traballo que permita a súa integración a través do emprego ao tempo que lles da a posibilidade de gozar dunha vida independente. Nesta liña, dixo o deputado do BNG, xogou un papel fundamental a colaboración da empresa privada, como pode ser a conserveira calvo ou o propio concello de Carballo convertendo a Aspaber nun “centro educativo de educación especial que ten como fin garantir unha atención digna e cos apoio necesarios para o alumnado con necesidades educativas severas”.

O centro atende a 20 persoas cun alto grao de dependencia, que a partir do 20 de agosto poderían verse privado dun servizo básico e vital para elas e as súas familias ao renunciar a dirección do centro a asinar o convenio coa Xunta de Galiza, unha decisión que non foi comunicada pola dirección ás familias, que descoñecían as causas alegadas por Aspaber para non renovar o convenio, como igualmente descoñecían as conversas mantidas entre a dirección do centro e a consellería de Educación para chegar a un acordo sobre a renovación do convenio.

Tras a intervención do conselleiro de Educación, Román Rodríguez comprometéndose a iniciar todas as accións necesarias para garantir a atención dos seus usuarios e usuarias do centro durante todo o curso 2023-204, “o deputado do BNG reclamou un maior compromiso do titular de educación para prorrogar as garantías de continuidade no curso 2024-2025 e dar así unha resposta de tranquilidade ás familias e persoas que habitualmente asisten ao centro”.

Para o deputado do BNG, a  solución definitiva non pasa por reubicar ás persoas usuarias en centros de Santiago ou Coruña e sabemos dixo, que a consellería baralla posible solucións como  reubicar para o curso 23-24 ás persoas usuarias en unidades xeradas no colexio “Xosé Pichel” de Coristanco e no de Laxe e de optar por esta alternativa, dixo Daniel Pérez será necesario dotar aos centros cos medios materiais e

humanos imprescindíbeis para  atender a estas persoas con necesidades educativas severas.

Daniel Pérez volveu a reclamar ao titular de Educación un maior compromiso para asegurar que a comarca de Bergantiños poda contar para curso 24-25 cun centro de educación especial.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG