parlamento galego

BNG acada un “acordo unánime” no Parlamento galego para instar á Xunta a garantir a actividade e emprego do Grupo de empresas Ganomagoga

Mon Fernández
Mon Fernández
Ramón Fernández tamén reclamou celebrar unha reunión entre as partes afectadas e solicitar a incorporación da Xunta  á mesa ou mesas de negociación  dos EREs anunciados 

A través dunha proposición non de lei, o portavoz de industria e deputado do BNG, Ramón Fernández instou á Xunta a iniciar todas as accións necesarias para manter a actividade e emprego do Grupo de empresas Ganomagoga. Ademais, o nacionalista tamén reclamou celebrar unha reunión coas partes afectadas e solicitar a incorporación da Xunta de Galiza á mesa ou mesas para negociar os EREs anunciados. A proposta defendida polo deputado do BNG acadou o “apoio unánime” da Cámara galega.

 Na súa intervención, o deputado nacionalista tras saudar ao persoal da empresa Ganomagoga presentes no debate dende a tribuna de invitados, explicou que o anunciou de peche do grupo Ganomagoga afecta a 200 persoas traballadoras nos talleres de Ganomagoga, Aplimega, Ganomagoga Logistics e Cedval.

Este peche, dixo é unha nova mostra da crise empresarial do sector industrial galego con  15.000 empregos destruídos dende que o Feijóo  chegou ao goberno hai case 14 anos.

 A xuízo do deputado, a tendencia na destrución de postos de traballo no sector industrial abrangue mesmo ás renovables a pesar da propaganda do Partido popular sobre os beneficios dos parques eólicos terrestres e marítimos. Sen embargo, explicou  durante esta  lexislatura “pecharon as dúas fábricas máis emblemáticas de compoñentes eólicos en Galiza”,  SIEMENS-GAMESA nas Somozas, e  VESTAS en Viveiro. Dúas fábricas  emblemáticas  pertencentes  a “dúas grandes empresas considerados líderes mundiais”.

GANOMAGOGA tamén é unha empresa emblemática nas comarcas de Vigo e do Condado, é a empresa industrial máis grande de Ponteareas e do Condado,  histórica do sector metalúrxico da comarca de Vigo, con actividade no naval, na fabricación de grandes pezas de caldeiraría,  montaxe e mantemento industrial e desde hai  anos,  vinculada ao sector eólico.

Non é tan coñecida coma SIEMENS ou VESTAS, pero foi a escollida polo grupo industrial GESTAMP, un dos grandes grupos industriais do estado español con beneficios de 260M€ o ano pasado, para impulsar o seu negocio de renovábeis. Da man de GANOMAGOGA, no ano 2008 montaron unha fábrica de torres eólicas no Carballiño, a primeira da empresa GRI INDUSTRIAS RENOVABEIS con 16 fábricas en 8 países.

Tras a disolución da sociedade GANOMAGOGA e GESTAMP, GANOMAGOGA comprometeuse a  traballar en exclusiva para GESTAMP e aínda que descoñecemos  os detalles do acordo, a día de hoxe a actividade de GANOMAGOGA está vinculada nun 80% aos traballos enviados pola fábrica GRI no Carballiño e case todos de fabricación de tramos de torres eólicas para VESTAS, e en algunha ocasión pezas das JACKETS que WINDAR fabrica en Navantia Fene para a eólica mariña.

Dun xeito sorpresivo, este grupo de empresas, con beneficios até o ano 2021, anuncia o peche de todas as súas empresas vinculadas ao sector eólico e o despedimento do 100% do seu persoal. Mon Fernández considerou que “o Partido popular e Partido socialista débenlle unha explicación ao persoal de GANOMAGOGA”.

 A crise industrial busca convencer de que non  existen alternativas a este modelo de “barra libre, de pase e sírvase”, que pode ser moi beneficioso para as grandes empresas eléctricas, e para as que  apareceron coa intención  de dar un pelotazo, mais o resultado final para Galiza, o resultado final para a sociedade galega, está ben á vista, “desmantelamento do noso sector industrial, perda de capacidades e destrución de emprego”.

Neste caso, “200 persoas na picota, que grazas á normativa laboral aprobada por M. Rajoy no ano 2012 e preservada polo actual goberno PSOE-PODEMOS e que  estarán despedidas no prazo dun mes, sen que o goberno teña que aprobar nada”.

Para o deputado, o apoio unánime do Parlamento galego é un paso adiante para implicar á Xunta de Galiza a tomar todas as acción precisas para garantir a actividade e emprego no grupo de empresas Ganomagoga e a  súa participación na mesa ou mesas de negociación dos EREs anunciados e confiamos, afirmou o nacionalista que “o  acordo acado hoxe na Cámara galega sexa cumprido na súa totalidade”, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG