BNG acada un acordo unánime, tras a proposta defendida polo portavoz de agricultura, Xosé Luís Rivas (Mini) pola que o Parlamento galego instará á Xunta de Galiza a que a “Consellería de Medio Rural continúe co proceso e revise a zona denominada, zona Norte de Mondoñedo que abrangue as parroquias de Coubeira, Masma e Vilamor, e que acometa, ben de oficio ou a instancias dos novos propietarios e en coordinación coa administración local, os traballos necesarios para o acondicionamento de fincas e obras pendentes”.
O parlamentario do BNG tamén reclamou actuacións urxentes nos procesos de concentración parcelaria nos que a propia portavoz do Partido popular, Elena Candia López recoñeceu “erros e irregularidades”. Mini lembrou que os propietarios están “cansos de agardar despois de trinta anos do inicio dos procesos” e moi “fartos” de recibir promesas que logo non se cumpren.
O deputado reiterou que o compromiso acadado hoxe debe materializarse no “Plan de acondicionamento” para defender “os intereses de todos os veciños e veciñas” e insistiu en que o Partido popular goberna no concello dende hai 7 anos con maioría absoluta e 13 anos na Xunta é o normal, ao seu entender, sería que ambos gobernos deran unha resposta tras moitos anos de peticións dos veciños e veciños.
Xosé Luís Rivas incidiu en que a mensaxe da iniciativa do BNG perseguía verbalizar o problema no Parlamento galego para acadar unha solución e acadar un acordo que pode ser un primeiro paso para impulsar o “Plan de acondicionamento” realizado pola técnicos da propia Xunta de Galiza no ano 2012. Ademais, tamén preguntou pola dotación orzamentaria do Plan.
Mini explicou que do ano 2004 ao 2022, van 18 anos, “sete deles con maioría absoluta do Partido popular no concello de Mondoñedo” e se foron detectados erros técnicos como afirmou a portavoz do PP, ten que haber “unha responsabilidade que debe ser depurada”. Nun proceso de concentración parcelaría que é “carísimo” esas responsabilidades, reiterou, deben ser depuradas porque de non é así, estaremos dixo, ante “unha anomalía política”.
O deputado do BNG apelou á continuación do proceso pero sen “cerralo en precario” e criticou que a administración local non axilizara a concentración parcelaria, porque, ao seu xuízo, “o goberno do concello de Mondoñedo que goberna as parroquias afectadas debeu reclamar ante o goberno galego as demandas dos veciños e veciñas durante trinta anos”.
Dende o BNG, entendemos polo mellor resultado posible, “o que corresponde por dereito”, unha “concentración parcelaria finalizada” porque os afectados e afectadas son cidadáns de primeira pero son tratados como cidadáns de terceira e puxo como exemplo un gandeiro con dúas parcelas situadas a unha distancia surcada por unha pista asfaltada cun metro e medio de desnivel dende as parcelas até o asfalto. Que pode facer este propietario? arrastrar terra até nivelar as pacelas coa pista?. Evidentemente, remarcou o nacionalista, hai situacións sobre as que nada se pode facer pero un gran número delas teñen solución e resulta “fulcral” resolvelas, concluíu.