A portavoz nacional, Ana Pontón, e o responsable da Área de Internacional na Península, Rubén Cela, mantiveron un encontro co director do CIMEN, David Minones, entidade que leva catro décadas traballando a favor dos dereitos das minorías e das nacións sen estado.
Durante o encontro, repasaron o momento político de excepción que se vive no Estado español e intercambiaron impresións sobre a situación de Catalunya, despois de que o Executivo de Rajoy aplicase o artigo 155, coincidindo no diagnóstico de que un problema político só pode resolverse pola vía política e reafirmando o dereito dos pobos a decidir.
Os dirixentes do BNG expuxeron os pasos que está a dar esta formación política para evitar que Galiza quede relegada no debate aberto para superar o marco institucional herdado do réxime do 78. Neste sentido, Pontón e Cela explicaron ao presidente do CIEMEN a proposta Bases Democráticas, coa que o nacionalismo galego quere propiciar un gran consenso político e social para, desde o recoñecemento de Galiza como nación, dotarse das ferramentas que permitan construír un país no que ninguén quede atrás.