Ana Pontón propón unha ordenación multifuncional do monte, innovar e pechar os ciclos produtivos no sector da madeira

Visita FINSA
Visita FINSA

Defende cambios estruturais para xestionar con sustentabilidade e poñer en valor a enorme potencialidade que ten Galiza no ámbito forestal

A portavoz nacional e candidata á Presidencia da Xunta visita FINSA, na que exemplifica a capacidade dun sector “clave para o futuro do País”

A portavoz nacional e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, avoga por unha ordenación multifuncional do monte, pechar os ciclos da cadea produtiva no sector da transformación da madeira e apostar pola innovación, tanto para xerar novos produtos de maior valor engadido como para combater o cambio climático, como eixos de actuación fundamentais á hora de xestionar o “enorme patrimonio e potencialidade que ten Galiza no ámbito forestal”.

“Dende o BNG temos a confianza de que é posible que o monte sexa un recurso importante de desenvolvemento económico do noso País, pero é preciso un goberno que estea disposto a poñer en marcha os cambios estruturais que se necesitan”, afirmou logo durante a visita que realizou ás instalacións de FINSA en Santiago, acompañada da alcaldesa Goretti Sanmartín, do deputado Ramón Fernández e da deputada Iria Carreira, dentro da rolda de contactos que está mantendo co tecido empresarial.

Pontón agradeceu ao consello directivo da empresa unha visita que lle permitiu coñecer “unha das industrias máis importantes do País” -nun sector que considerou “clave para o futuro de Galiza” como é o da transformación da madeira- e que exemplifica como desde unha empresa galega se pode traballar dende a innovación e a sustentabilidade, pechando ciclos produtivos e poñendo en marcha “un proxecto que ten as súas raíces neste País e que ten cunha clara vocación internacional”.

Visita FINSA
Visita FINSA

A líder nacionalista puxo en común coa compañía algunhas das propostas e desafíos que Galiza ten por diante e que, segundo indicou, pasan para o BNG por unha mellor xestión do monte e unha maior transformación dos produtos madeireiros, máis tendo en conta que o País acapara o 50% das cortas de todo o Estado, pero só representa o 13% en facturación e tamén o 13% en emprego.

Neste sentido, defendeu a necesidade de acometer cambios no ámbito sectorial e avogou en primeiro lugar por unha ordenación multifuncional do monte, para xerar máis economía de escala e maior valor engadido con madeiras de calidade, pero tamén para afrontar o desafío do cambio climático porque, segundo recalcou, “un monte produtivo é un monte ben conservado e máis resiliente aos incendios e tamén fonte de desenvolvemento para o medio rural”.  

En segundo termo, propuxo o desenvolvemento dunha estratexia que contribúa á transformación da madeira en primeiro e segundo grao, “é dicir, non só temos que cortar madeira, senón que tamén temos que ter capacidade para transformala”, explicou. Nesta liña, considerou preciso apostar pola innovación para xerar novos produtos e avanzar no deseño. “Hai potencial e capacidade no País para facelo, pero hai que acompañar ao sector industrial para desenvolver unha parte máis potente de transformación da madeira”, subliñou logo de apuntar por último á innovación como elemento fundamental á hora de estudar como facer máis resilientes os montes galegos ante o cambio climático. 




 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG