Ana Pontón comunica a Feixóo que acepta a proposta do 26M como data da reunión bilateral entre presidente e líder da oposición

Ana Pontón
Ana Pontón
Avanza a súa total disposición para que o resultado do encontro sexa positivo para Galiza en temas clave para saír da crise canto antes

A portavoz nacional, Ana Pontón, trasladou por escrito ao xefe do Executivo, Alberto Núñez Feixóo, a súa dispoñibilidade para que o encontro bilateral entre a líder da oposición e o presidente da Xunta se celebre o 26 de marzo, tal como este propón.

Con esta contestación, -o terceiro escrito que intercambian-, a portavoz do BNG traslada tamén a súa disposición a abordar todos os asuntos que se consideran clave para Galiza no actual momento de crise, tanto os xa recollidos na carta remitida pola nacionalista o 1 de marzo como os que o presidente da Xunta considere oportuno incluír na axenda do encontro entre ambos.

Neste sentido, Pontón trasladou que entre os temas a abordar figuran o fondos europeos de recuperación económica, Next Generation, -os únicos extraordinarios na pandemia-, un novo modelo de coidados que coloque as persoas no centro e garanta o dereito a unha vellez digna, ou a estratexia de vacinación que permita administrar o antídoto COVID coa maior eficacia posible, unha vez que se acaben os problemas de subministro.

Serán agora o equipo de Presidencia e o gabinete da Portavocía Nacional os que ultimen os detalles dese encontro bilateral, tal como se indica no escrito remito desde San Caetano.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG