Ana Miranda: “Seguiremos de cerca o estudo que vai facer a Comisión Europea das denuncias de ADEGA contra os megaparques eólicos”

Comisión Europea, eólicos
Comisión Europea, eólicos
O BNG seguirá loitando contra o espolio eólico que se está producindo en Galiza por parte do goberno galego e estatal

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, expresou o seu compromiso de facer un “seguimento exhaustivo” das denuncias presentadas hoxe por ADEGA na Comisión Europea contra o incumprimento da normativa europea por parte dos megaproxectos eólicos en Galiza. Denuncias que precisamente desde a Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea se comprometeron a estudar con atención, segundo destacaron no encontro mantido hoxe con Ana Miranda e unha delegación de ADEGA.

“É dunha gran gravidade o espolio eólico que se está producindo en Galiza por parte do goberno galego e estatal, que permiten a vulneración das directivas comunitarias”, subliñou a portavoz do Bloque en Europea, en relación á “vulneración sistemática” das directivas comunitarias medioambientais, de acceso á información e participación pública. Neste sentido mencionou a necesidade de ter en conta os intereses das persoas afectadas que ven vulnerados os seus dereitos e sen garantía de defensa.

Comisión Europea, eólicos
Comisión Europea, eólicos

Infraccións de carácter estrutural

Precisamente desde a Comisión Europea comprometéronse a estudar as denuncias presentadas por ADEGA, en especial a posible incorrecta transposicións da lexislación da UE e as infraccións de carácter estrutural. “A normativa europea é de obrigado cumprimento tanto para Galiza como para o Estado e desde o Parlamento Europeo e a Comisión de Peticións seguiremos de forma exhaustiva a análise que faga a Comisión”, subliñou Ana Miranda.

Tras agradecer a Ana Miranda e ao BNG a xornada de traballo en Bruxelas, a portavoz de ADEGA, Belén Rodríguez, destacou que “vimos a Bruxelas coa esperanza de que sexa a Comisión Europea quen poña freo á invasión eólica”. Ao respecto denunciou que se trata dunha invasión de carácter ambiental, xa que afectan a espazos propostos para incluír na Rede Natura, hábitats, especies en perigo de extinción ”sen que iso sexa un impedimento para as grandes corporacións eólicas”.

“Temos que recordar que hai sentenzas emitidas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ratificadas dúas delas polo Tribunal Supremo de que se están incumprindo as normativas relativas á participación pública e información”, explicou Rodríguez, quen na reunión entregou un exemplar das denuncias pola vulneración da Directiva da Auga, da Directiva do Hábitat e da Directiva de Información Ambiental, entre outras.

Na reunión mantida na Dirección Xeral de Medio Ambiente tanto Belén Rodríguez como Fernando de Abel explicaron as diversas vulneracións do dereito comunitario no desenvolvemento dos proxectos eólicos en Galiza, entre as que tamén destacaron a fragmentación artificial deses proxectos. Mentres que Fins Eirexas explicou a vulneración das Directivas de Hábitats e Aves, bases para o establecemento da Rede Natura 2000.


 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG