Jorquera: "O PP practica unha política de apariencias coa AP-9"

O portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera denunciou na Xunta de Portavoces o bloqueo do Partido popular para reclamar a transferencia da autoestrada AP-9
 

O portavoz parlamentario , Francisco Jorquera compareceu hoxe ante os medios de comunicación para dar conta da vindeira sesión plenaria, na que o BNG, a través dunha moción reclamará ao goberno do Estado que no ano 2016 sexa aplicada unha redución do 50% das taxas da a autoestradas AP-9 e AG-53, demandar un programa de desconto para persoas usuarias, como xa existen no resto do estado e elaborar un estudo para rescatar para a xestión pública directa a concesionaria.

O BNG amosou a súa protesta na Xunta de Portavoces ante “a política de aparencias” do Partido popular en relación a AP-9 por “bloquear a tramitación da Proposición de lei nacionalista que reclama a transferencia e competencia da AP-9 á Xunta de Galiza”.

O parlamentario explicou que foi aprobada a toma de consideración da lei o 29 de setembro pero pasados dous meses, a ponencia “non se reuniu” pese a ser o primeiro proxecto de Lei en entrar na comisión de Infraestruturas dos tres que actualmente seguen o su trámite e pese a que só foi presentada unha emenda e que o propio regulamento establece un prazo de 15 días para que a ponencia redacte o informe. o deputado criticou que sen embargo, estanse a celebrar reunións “intensivas” da ponencia da Lei do Solo. Para o nacionalista, a situación responde á “supeditación do Parlamento ás prioridades fixadas polo Goberno” que ademais vota a favor a tramitación da lei para a transferencia en Galiza e en Madrid vota en contra, de aí “o bloqueo na tramitación”.

Noutra orde de cousas, Jorquera preguntará a Feijóo que pensa facer mentres os gandeiros galegos cobran “os prezos máis baixos de todo o Estado” despois dun acordo lácteo en Madrid que resultou ser “un engano masivo aos produtores galegos”. Neste sentido, Jorquera denunciou a intención de “expulsar” aos produtores galegos do mercado e negou que exista un exceso de oferta porque no Estado español prodúcense 6 millóns de medio de toneladas e consúmense 9 millóns.

Asemade, o BNG interpelará ao Goberno sobre as medidas adoptadas para modificar o actual modelo de reparto do cerco. “inxusto para os mariñeiros galegos” cunha cota para cada barco basco como toda a que corresponde a toda a flota de Sada e Malpica.

Pleno liliputiense

O portavoz do BNG cualificou de “liliputiense” o pleno ao non poder incluír outros asuntos, novo exemplo, dixo, do funcionamento arbitrario do Parlamento porque ao PP, manifestou non lle interesa debater sobre a proposta do BNG para retirar o decreto que penaliza o autoconsumo eléctrico ou preguntarlle ao Goberno galego sobre o despedimento de 1.336 traballadores da empresa TRAGSA “o maior ERE no sector público no Estado español”, concluíu.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG