Na quenda de preguntas ao Presidente, a portavoz parlamentaria do BNG, Ana Pontón recomendou a Feijóo escoitar á comunidade educativa e rectificar a súa posición porque á hora de defender o ensino público, ou se está a favor ou e contra, non hai medias tintas.
A portavoz parlamentaria do BNG, Ana Pontón preguntou hoxe ao presidente de que lado está á hora de defender o ensino público galego. A nacionalista agradeceu no nome do BNG ás nais e aos pais, aos profesores e ás profesoras, que fan, dixo, o que vostede é incapaz de facer: defender o dereito dos nenos e nenas a un ensino de calidade. Dar a cara por unha educación pública e galega porque está en xogo é o futuro das súas fillas e fillos. Ese espírito, afirmou Pontón, é o que debe estar na Presidencia de Xunta, e non vostede, pero non se preocupe, que outubro está a volta da esquina, e vostede non vai aprobar a reválida.
Castigado por negarse a facer a reválida
Na súa intervención, a portavoz parlamentaria do BNG relatou que hai 15 días, un neno de 11 anos de Becerreá pasou dúas horas illado nunha aula do seu colexio. Durante dúas horas, explicou Pontón, a este neno non se lle permitiu facer ningún tipo de tarefa, nin sequera ler un libro. A causa deste castigo?: Deixar en branco o exame da reválida. Un caso, que a parlamentaria cualificou de presión psicolóxica e acoso contra un neno de once anos e do responsabilizou, en última instancia ao Presidente da Xunta. Non é unha anécdota, engadiu a nacionalista, é todo un síntoma do autoritarismo e da falta de sentido pedagóxico do seu goberno.
Hoxe, o BNG, engadiu quere agradecer as nais e aos pais, aos profesores e ás profesoras, que fan o que vostede é incapaz de facer: Defender o dereito dos nenos e nenas a un ensino de calidade. Dar a cara por unha educación pública e galega porque está en xogo é o futuro das súas fillas e fillos. Ese espírito, recalcou a portavoz parlamentar, é o que debe estar na Presidencia de Xunta, e non vostede. Pero non se preocupe, que outubro está a volta da esquina e vostede, non vai aprobar a reválida.
Á hora de defender o ensino público, ou se está a favor ou e contra, non hai medias tintas.
Pontón afirmou que á hora de defender o ensino público galego non hai medias tintas, ou se está a favor ou en contra, e voulle dicir de que lado está vostede. As familias decidiron defender a educación pública e de calidade, vostede do lado da barbarie da LONCE. A comunidade educativa defende un ensino público, galego, e inclusivo, vostede de ganchete de Rajoy e de Wert para impoñer unha educación privatizada, antigalego, élitista. Unha educación para quen poda pagala.
A verdade, que paradoxos ten a vida!, dixo a deputada que lembrou a Feijóo defendendo con vehemencia o dereito das nais e dos pais a decidir na educación dos seus fillos e agora criminaliza a esas mesmas nais e pais que elixen dicir "non á LOMCE e a unhas reválidas inxustas e inútiles".
A parlamentaria aconsellou ao titular do Executivo que escoite á comunidade educativa que se expresou con contundencia. Nas reválidas de 6º de primaria, explicou, o 80% do alumnado non fixo as probas e no día de onte, outra vez, Galiza encabezou a oposición ás reválidas no conxunto do Estado. Hoxe ten unha ocasión de ouro para desculparse e rectificar. Por unha vez deixe de lado os intereses partidistas e defenda o dereito á educación das nosas nenas e nenos. Por unha vez, recalcou, actúe como Presidente da Xunta e defenda as nosas competencias en materia de ensino. Por unha vez, faga o seu traballo e lembre que ten a obriga de defender as nosas competencias e fortalecer un ensino público, galego e de calidade.
As reválidas serven para que unha empresa de Madrid faga caixa
Vostede sabe que a aplicación da LOMCE foi unha improvisación e un desatino. Sabe que as reválidas non aportan nada á educación do alumnado. Sabe ademais que supoñen unha ofensa ao profesorado e un malgasto de diñeiro público e só serviron para que unha empresa de Madrid faga caixa.En definitiva, sr Feijóo, non sexa vostede un déspota ilustrado, escoite e rectifique. Actúe por unha vez, aínda que sexa no minuto de prórroga, como Presidente deste país.
Evidente fracaso das reválidas
Tras a resposta do presidente que negou o fracaso das reválidas e acusou á oposición de manipular ás familias a portavoz do BNG replicou que pode facer todas as piruetas e manipulacións que queira" pero sabe, como sei eu, como saben os representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino público que hoxe nos acompañan, que a inmensa maioría de profesorado, AMPAS, e Asociacións estudantís, están en contra da LOMCE e das reválidas e o que reclama a Comunidade educativa é derrogar a LOMCE e paralizar as reválidas.
A portavoz parlamentaria do BNG concluíu a súa intervención pedindo ao Núñez Feijóo que deixe de insultar ás familias e os galegos e galegas que non pensan como vostede e que son miles. Ao comezo de curso máis de 200 centros solicitaron máis medios e profesorado e a súa resposta foi non porque vostede, prefire defender as barbaridades da LOMCE antes que un ensino público galego, igualitario e de calidade.