Resultado económico da campaña das eleccións Xerais de 2016

O Consello Nacional do BNG acordou trasladar a toda a militancia do BNG a relación de gastos das pasadas eleccións xerais. A continuación, esta información pasará a ser pública, pendurándose da páxina web oficial do BNG.

En relación cos ingresos, procederon exclusivamente da cota extraordinaria conxunta (para eleccións xerais e galegas) entre militantes, así como de doazóns de simpatizantes. Isto é: toda a campaña foi sufragada directamente pola militancia e base social nacionalista. A día de hoxe, están xa pagos e debidamente xustificados todos os gastos ocasionados.

Gastos (21% IVE incluído)
Deseño

 

 

13.164,80
Papelaría (impresión de cartaces, despregábeis, sobres e papeletas)

 

 

20.052,80
Medios, web, redes sociais

 

 

1.693,42
Fondo escenarios (15 actos nacionais) e plótters

 

 

657,76
Faixas

 

 

3.630,00
Produción de 15 actos nacionais (son, luz, montaxe, etc)

 

 

30.149,21
Vídeos electorais / fotografías

 

 

7.568,79
Alugueiro de locais apra actos públicos

 

 

1.250,70
Desprazamentos diversos

 

 

2.431,00
TOTAL

 

 

80.598,56

 

Entre as actuacións que provocaron un aforro significativo nesta campaña, destacamos as seguintes:

* Non se asinou ningún crédito con ningunha entidade bancaria ou financeira.

* Non se enviou correo masivo (“mailing”) nin se imprimiron papeletas do Senado.

* Non se contrataron inserimentos publicitarios na imprensa escrita, agás no semanario “Sermos Galiza”.

* Suprimíronse os envíos por transporte e/ou mensaxería. Compañeiras e compañeiros de cada unha das comarcas desprazáronse a Compostela para recoller o material de campaña, trasladalo ás súas comarcas e logo distribuílo en cada localidade.

* Non se contratou a nivel nacional ningunha empresa para a colocación de material de propaganda en farolas (PVC's), pontes ou rúas (faixas). Foron directamente militantes do BNG.

* Non se procedeu ao alugueiro de vehículos destinados a megafonía. Foron substituídos por vehículos particulares de militantes aos que se lles adheriron imáns co logotipo do BNG.

* Aproveitouse material de propaganda xenérica procedente doutras campañas das diferentes comarcas, reutilizándoo.

* Non se contratou ningunha empresa para apoiar o traballo en redes sociais. O que se fixo neste ámbito cabe vinculalo en exclusiva á capacidade de iniciativa e imaxinación das nosas compañeiras e compañeiros.

* Compañeiras e compañeiros que colaboraron na composición e interpretación de audiovisuais e temas musicais fixérono gratuitamente e cederon os seus dereitos de autor/a ao BNG.

* Os reforzos de persoal para traballo diario de cara aos medios de comunicación non supuxeron incremento de gasto: unicamente recolocación no caso das circunscricións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, e traballo non retribuído, durante toda a campaña, por parte dun compañeiro no caso da circunscrición de Ourense.

Por último, só aclarar que a relación de gastos é nacional. Ten a ver, daquela, co material e servizos contratados a nivel nacional. Non están contemplados outros gastos, en calquera caso menores, realizados por algunhas comarcas e localidades.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG