Xerais 2015

Resultado económico (ingresos e gastos) da campaña das eleccións Xerais 2015

O Consello Nacional do BNG acordou trasladar a toda a militancia do BNG o resultado económico (ingresos e gastos) das pasadas eleccións xerais, ás que concorremos dentro da coalición Nós-Candidatura Galega.

Queremos aclarar que a posta en marcha dunha campaña nestas condicións,  renunciando a numerosos soportes publicitarios e de márketing, só foi posíbel grazas ao extraordinario traballo, ao meritorio esforzo e compromiso político da nosa militancia e da base social nacionalista.

Malia os resultados, consideramos que esta foi unha campaña moi digna, e posíbel -reiterámolo- grazas ao esforzo colectivo e á entrega militante. Todos os gastos ocasionados xa foron debidamente pagos e xustificados.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

INGRESOS

 

 

IMPORTE

 

 

Doazóns militancia BNG 7.350,00
Cota extraordinaria entre a militancia BNG 130.000.00
Achegas web Nós-Candidatura Galega 3.964,00
Fondos propios BNG 58.677,06
Venda bonos Nós-Candidatura Galega 1.480,00
Venda material Nós-Candidatura Galega 500,00
TOTAL 201.971,06

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

GASTOS (21% IVE incl.) IMPORTE
Impresión PVC's 18.029,00
Impresión bandeirolas 10.769,00
Impresión faixas 8.213,48
Impresión faixas baratas 1.415,70
Impresión Roll-up (fondos desenrolábeis) 3.397,68
Impresión fondos actos nacionais e estrutura 1.140,73
Impresión chapas Nós-Candidatura Galega 125,00
Produción (montaxe, son, iluminación, etc.) 18 actos nacionais 36.257,65
Gravación pezas actos/cuñas 1.210,00
Estudo de gravación 1.210,00
Gravación vídeo musical “Nós” 1.456,00
Retención por gravación vídeo musical “Nós” 117,00
Vídeos electorais 6.198,47
Edición viñetas 1.488,00
Retención edición viñetas 112,00
Deseños 5.700,00
Retención por deseños 350,00
Logotipo 1,14
Retención por logotipo 0,07
Cuñas radiofónicas 12.305,70
Anuncios en Sermos Galiza 726,00
Anuncios en Praza Pública 665,50
Anuncios en google 205,10
Envíos por correo postal 132,10
Adquisición de bridas 2.379,46
Montaxe e impresión de valados(*) 3.448,50
Restitución de valado danado (*) 217,80
Impresión cartaces 10.431,00
Impresión de sobres e papeletas 48.298,38
Impresión de folletos 18.768,96
Impresión autocolantes, bonos, cartón pluma, pés 1.889,93
Retención por traballos de impresión 4.861,71
Organización seguimento resultados noite electoral 450,00
TOTAL

 

 

201.971,06

 

(*) Só no caso do concello de Vigo, por existir unha normativa municipal que prohibe outro tipo de soportes publicitarios.

 

Entre as actuacións que provocaron un aforro significativo nesta campaña, destacamos as seguintes:

 

* Non se asinou ningún crédito con ningunha entidade bancaria ou financeira.

 

* Non se enviou correo masivo (“mailing”). Esta decisión supuxo un aforro superior ao conxunto total de gastos orixinados nesta campaña.

 

* Non se contrataron inserimentos publicitarios na imprensa escrita, agás no semanario “Sermos Galiza”.

 

* Suprimíronse os envíos por transporte e/ou mensaxería. Compañeiras e compañeiros de cada unha das comarcas desprazáronse a Compostela para recoller o material de campaña, trasladalo ás súas comarcas e logo distribuílo en cada localidade.

 

* Non se contratou a nivel nacional ningunha empresa para a colocación de material de propaganda en farolas (PVC's), pontes ou rúas (faixas). Foron directamente militantes do BNG.

 

* Non se procedeu ao alugueiro de vehículos destinados a megafonía. Foron substituídos por vehículos particulares de militantes aos que se lles adheriron imáns co logotipo do BNG.

 

* Aproveitouse material de propaganda xenérica procedente doutras campañas das diferentes comarcas, reutilizándoo.

 

* Non se contratou ningunha empresa para apoiar o traballo en redes sociais. O que se fixo neste ámbito cabe vinculalo en exclusiva á capacidade de iniciativa e imaxinación das nosas compañeiras e compañeiros.

 

* Compañeiras e compañeiros que colaboraron na composición e interpretación do tema musical “Porque este soño é necesario para un soño” fixérono gratuitamente e cederon os seus dereitos de autor/a ao BNG.

 

* Os reforzos de persoal para traballo diario de cara aos medios de comunicación non supuxeron incremento de gasto: unicamente recolocación no caso das circunscricións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, e traballo non retribuído, durante toda a campaña, por parte dun compañeiro no caso da circunscrición de Ourense.

Aproveitamos para reiterar o agradecemento e recoñecemento do Consello Nacional do BNG a toda a militancia e simpatizantes polo extraordinario traballo desenvolvido nesta campaña.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG