A Xunta confirma ao BNG que non existen datas concretas nin previsións sobre a PLISAN

Carme Adán formulou unha pregunta sobre as razóns que manteñen paralizada a Plataforma Loxística e Industrial de Salvaterra-As Neves e o incumprimento da súa posta en marcha no ano 2013Noticia 3

A deputada do BNG, Carme Adán formulou hoxe unha pregunta na Comisión de Industria relativa á “paralización” da Plataforma Loxística e Industrial de Salvaterra- As neves, polo incumprimento da súa posta en marcha no ano 2013 e o anuncio de compra de 120.000 metros para o centro loxístico de Transportes para Vigo.

Pola súa parte, a directora xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGUS), Teresa Gutiérrez López afirmou que se están a valorar os proxectos mineiros pero a Xunta non manexa “datas nin proxectos concretos” sobre o desenvolvemento da Plisan.

A Xunta non baralla datas nin proxectos para a Plisan

Na quenda de réplica, a nacionalista criticou que o Goberno galego afirmara no ano 2011 “ter os deberes feitos” para que Mitsubischi puidera instalarse con todas as garantías xurídicas na Plisan e agora, segundo afirmou vostede, “non hai ningunha garantía de nada”.

A Plisan, remarcou Adán, é unha necesidade para o sur de Pontevedra pero converteuse “no maior fiasco” na dotación de solo industrial, empresarial e loxístico de Galiza cun importante investimento de fondos públicos a cargo de tres administracións gobernadas polo Partido popular.

A deputada denunciou o “incumprimento do compromiso” da Xunta anunciado en rolda de prensa sobre o inicio no ano 2014 da actividade na PLISAN, “hoxe, xa nos confirmou que o Goberno non conta con ningún horizonte temporal sobre este asunto”.

Unha extensión abandonada que semella unha paisaxe lunar, unha expropiación de terreos que non responde ao deseño inicial e un colectivo de veciños e veciñas que, a estas alturas, descoñecen que vai facer a Xunta nesa zona, esta é a realidade actual da PLISAN, concluíu a parlamentaria do BNG.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG