Turismo recoñece a perda do 50% do fondos estatais para o Museo da Auga

En resposta a unha pregunta da deputada do BNG, Carme Adán, Turismo recoñece a perda de fondos e non responde sobre a recualificación dos terreos

Carme Adán

A parlamentaria do BNG Carme Adán interpelou hoxe na comisión de Industria ao Goberno sobre a renuncia a contratación das obras de rehabilitación da edificación anexa ao Gran Hotel de Mondariz Balneario para o futuro Museo da Auga.

Á responsábel da Axencia de Turismo, Nava Castro respondeu á nacionalista que por non ter licenza municipal víronse obrigados a renunciar ao proxecto e como consecuencia “perdéronse os fondos estatais consignados”.

A parlamentaria reprobou o “silencio” da titular de Turismo sobre o convenio municipal que para conseguir a cesión das ruínas da lavandería pretende recualificar unha parcela de 4100m2, na actualidade zona verde que se convertería en zona residencial. Isto,dixo, “dedúcese da última parte do texto do convenio, que afirma que independentemente de que o museo se materialice alí ou non, o cambio a uso a residencial da parcela de 4100m2 que permanecerá en mans da "Propiedade" sería “irreversible”. O argumento principal para o cambio de uso de zona verde a edificable da parcela, explicou Adán, é que existe un dereito edificatorio noutra parcela (definida en 2001) para propiciar a construción da última ampliación do actual hotel, a existencia deste dereito edificatorio residual e a posibilidade do seu traslado a outra parcela e un dos argumentos que se cuestionan, porque nós, remarcou “creemos que non existe tal dereito”.

A nacionalista preguntou en reiteradas ocasións sobre as próximas actuacións sen conseguir resposta algunha.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG