A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou unha pregunta parlamentar na Cámara Baixa dirixida á Ministra de Fomento para inquerila sobre a rebaixa das características do AVE a Galiza que xa foi oficializado.
Explica a deputada do BNG que por fin o Ministerio oficializou o que o BNG levaba tempo denunciando no Congreso: a rebaixa das condicións do AVE a Galiza, un segredo a voces que Fomento se empeñaba en ocultar a pesar das evidencias. O que era máis que unha sospeita se constatou porque o Adif acaba de sacar a concurso a electrificación e sinalización de varias liñas do AVE, que deixan patente que os trens van circular a menor velocidade, e o tramo de Olmedo-Ourense será de vía única.
Rosana Pérez indica que nos documentos destas licitacións se sinala que polo menos uns 70 quilómetros de liña entre Olmedo, Medina del Campo e Coreses vanse facer de vía única.
A deputada do BNG pón de manifesto que a redución das condicións do tren de altas prestacións a Galiza tamén afectará ao paso polos altos de A Canda e Padornelo, e aos últimos 50 quilómetros antes da súa chegada a Ourense.
Está claro que non vai ser un AVE
Ironicamente pregunta á Ministra de Fomento como vai denominar ao proxectado tren de alta velocidade a Galiza posto que está claro que non vai ser un AVE. Ademáis, formula unha batería de preguntas relacionadas cos tempos de viaxe: Que velocidades vai acadar o tren que circulará por esta conexión até Ourense? Dado que vai ter velocidades máis baixas, Cal vai ser o tempo de viaxe entre Madrid e Ourense, entre Madrid e Santiago ou entre Madrid e Vigo?.
Rosana Pérez lamenta que se teña avanzado nas obras de tendido do trazado e da plataforma de vía, cun deseño que ten os estándares de máximos do AVE. Como se explica que se teña avanzado tanto no investimento na execución da plataforma que está deseñada para doble vía, e agora se deixe parada sine die? É consciente do derroche de carto público que se vai producir?.
Dados os interrogantes que existen, a deputada do BNG considera que a Ministra de Fomento debe acudir á Cámara a informar desta rebaixa.