A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou unha iniciativa parlamentar e unha proposición non de lei na Cámara Baixa para instar ao Goberno a dar marcha atrás na intención de aprobar unha serie normas no ámbito do transporte que prexudican aos pequenos e medianos profesionais.
A deputada do BNG explica que con motivo da tramitación do proxecto de lei polo que se modifica a Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres, o BNG xa advertiu de que a nova lexislación introducía reglas que ían favorecer aos intereses das grandes empresas de transporte en perxuizo dos pequenos e medianos transportistas e autónomos.
Rosana Pérez lamenta o rodillo do PP que se negou a aceitar emendas presentadas por outros grupos como o BNG para protexer ao sector das microempresas de transporte.
Na Galiza máis do 80% son autónomos e PEME´s
Denuncia a deputada do BNG a regulación que se está a elaborar ao albur da nova lei, como unha orde ministerial que pretende modificar o Réxime Xurídico das autorizacións de transporte pesado para limitar a posibilidade de transmitir a autorización de transporte, exixindo que os transportistas noveles que queiran mercar unha autorización de transporte a un profesional en activo, debe dispór dun mínimo de 3 vehículos pesados.
Este tipo de medidas está a provocar un grande malestar no sector do transporte galego, conformado na súa maioría por autónomos, pequenas e medianas empresas. De seguer adiante Fomento con estas proposta, unha das consecuencias sería a desaparición de moitos autónomos, ao mesmo tempo que corta o paso á incorporación de novos.
Outra das cuestións espiñentas que plantexa o Goberno, son as modificacións referentes á antigüedade dos vehículos que representan graves impedimentos no desenvolvemento da actividade dos autónomos e das PEME´s. En contra do cómputo de antigüedade media de 6 anos da frota, a substitución de vehículo, ampliación da frota...ten que ser por un de menos de 5 meses.
Rosana Pérez pón de manifesto que na Galiza non existen grandes empresas nin flotas de mercadorías por estrada, medidas así terían unha repercusión moi negativa. No territorio galego, existen actualmente 18.000 autónomos e empresas de transportes, unha maioría deles son autónomos.