Rosana Pérez defende no Pleno a dotación de 120 millóns para o sector naval público

IMG_7537A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, interviu no Pleno da Cámara esta mañá para defender o paquete de emendas presentadas polo BNG aos Orzamentos Xerais do Estado en relación ao sector naval público de Ferrolterra.

Rosana Pérez salientou a importanza na economía galega dos estaleiros públicos da Ría de Ferrol. Precisamente en aras a que o sector naval de Ferrolterra non perda competitividade no mercado internacional nin posicións, “é polo que o BNG plantexa unha emenda para destinar 120 millóns como fondo específico de apoio á modernización e reincorporación do sector naval público aos mercados internacionais, unha vez que está a punto de concluír o eterno período no que se nos vetou a construción naval civil”.

A parlamentar do BNG manifestou que o “noso sector naval non se podo soster de promesas sempre incumpridas e de enganos permanentes dos distintos gobernos”. Conminou ao Goberno a “tomar en serio ao naval público e a empeñarse a fondo para que a partir do 1 de xaneiro, Navantia poida voltar á construción naval civil na Ría de Ferrol e desenvolver así toda a súa capacidade e potencial nun sector no que a pesar de todo segue a ser un referente”.

Igualmente Rosana Pérez adicou palabras á industria auxiliar que atravesa por moi malos momentos. “É necesario un verdadeiro programa de apoio á industria auxiliar do sector naval, integrada na súa maior parte por pequenas e medianas empresas, e moi mermada despois de anos de escasísima actividade”. Razón pola que o BNG propuxo unha dotación de 20 millóns de euros, e no político pedimos que se leven a cabo todas as actuacións necesarias para converter ao sector naval nun verdadeiro motor de creación de emprego, de riqueza económica e de riqueza social”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG