O deputado do BNG, Daniel Rodas preguntou no Parlamento polas xestións da Xunta e o Goberno español ante a Comisión de Pesca da UE sobre os acordos internacionais para favorecer á flota pesqueira galega
O deputado do BNG, Daniel Rodas volveu hoxe a manter un tenso debate co director xeral de Competitividade e Innovación, Juan Carlos Maneiro durante o debate da pregunta parlamentaria do nacionalista sobre o papel da Xunta e Goberno español ante a Comisión de Pesca da U.E para negociar acordos internacionais favorábeis á flota pesqueira galega.
Para o parlamentario, a Xunta estivo desaparecida nas negociacións de pesca coa U.E e como mostra, dixo, aí está o acordo con Senegal, no que sete atuneiros de Bermeo e dous arrastreiros poden pescar merluza negra, ademais dos beneficios da flota atuneira vasca no resto dos acordos internacionais fronte a situación , ben diferente da flota galega, que teñen os vascos que non teña o goberno galego preguntou.
Rodas criticou que ademais das nefastas negociacións do Partido popular o Goberno galego sega xustificándoas e anunciando que quere unha renegociación con Mauritania. Sobre as reunións cos diferentes eurodeputados e a visita ao Parlamento europeo de mariñeiros e armadores, apostilou , foi o BNG o que se preocupou de levalos porque vostedes estiveron tamén naquela ocasión, desaparecidos.
Dígalle vostede aos armadores que non son titulares de empresas galegas, aos de Marín, de Cangas ou de Vigo que están a pescar nas Illas Malvinas ou Angola e pregúntelle tamén pola colaboración que lles está a prestar o Goberno galego.
O deputado cuestinou as melloras en materia social defendidas por Maneiro, cáles son eses aspectos preguntou? porque no Banco Canario Sahariano, Marrocos ou Guinea Conacki os descoñecen.
O fondo do problema, afirmou é o fracaso absoluto da xestión do Goberno galego no ámbito pesqueiro, no 95% dos acordos coa Unión Europea estamos a expensas do que lle sobra aos demais.
Pola súa parte, o director xeral de Pesca respondeu ao nacionalista que a U.E é un clube cunhas regras e con 27 membros que negocian e non un clube de cántabros e galegos, nós tratamos de conseguir o que podemos, afirmou.
Rodas lamentou que o Goberno de Galiza non amose maior interese por acadar máis dereitos de pesca para que a flota galega teña futuro.