Rodas acusa de “cinismo” ao Partido popular por defender e atacar “ao tempo” a pesca galega

O deputado reprochou ao portavoz de pesca, José Manuel Balseiro manter “unha posición tibia” e de submisión ao Goberno do Estado na defensa do sector pesqueiro galego en Europa

Daniel Rodas en debate parlamentario

Pleno.- O deputado nacionalista, Daniel Rodas defendeu que o Parlamento galego presente un recurso ante o Tribunal de Xustiza das Comunidades europeas para anular o principio de estabilidade relativa no reparto de cotas pesqueiras que “prexudica gravemente ao sector pesqueiro galego”.

O voceiro do Partido popular, José Manuel Balseiro presentou unha emenda á iniciativa nacionalista co fin de elaborar un informe xurídico para determinar o éxito do recurso ao que o nacionalista replicou que “o Goberno galego ten todas as garantías para presentar a demanda porque conta con competencias exclusivas en pesca e ordenación do sector pesqueiro”.

Rodas censurou “o cinismo” do Partido popular por non enfrontarse ao criterio do Goberno do Estado porque,explicou, o Secretario General de Pes ca, Carlos Domínguez considera imposible modificar o principio de estabilidade relativa a pesar de que o Estado español só conte cunhas cotas “ridículas” do 7% cunha flota que representa o 24% da totalidade da Unión europea.

Cál é a posición do Partido popular, preguntou?, a do secretario General de Pesca do Estado ou a do secretario xeral galego que defende denunciar á Unión europea polas cotas e Tacs establecidos. Xa está ben,censurou, de tanta demagoxia, o PP galego négase a presentar a demanda porque considera que non hai posibilidade de mellorar a política nesta materia e prefiren dedicarse a outros asuntos como “salvar os bancos, salvar a financiación irregular do Partido popular, recortar en educación e sanidade ou gobernar para os de sempre esquecendo aos mariñeiros e armadores”.

O BNG seguirá defendendo outra política pesqueira e este, remarcou, Rodas, é o momento de enfrontarnos a un gran problema, “Galiza dende hai 28 anos está discriminada na pesca europea e iso hai que modificalo con vostedes ou sen vostedes”, concluíu.

O Partido popular votou en contra da iniciativa nacionalista.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG