Prado a Mato: “Os problemas de Galiza non son os dos seus amigos”

A deputada pediu ao conselleira de Traballo e Benestar presentar a súa dimisión pola súa relación coa “Operación Zeta” e censurou que os orzamentos para o 2015 non prioricen a creación de emprego e servizos sociais básicos

Montse Prado

A deputada do BNG, Montse Prado asegurou que os orzamentos presentados hoxe pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, non atenden “as persoas desempregas e con dificultades”. A deputada afirmou que “os problemas de Galiza non son os problemas “dos seus amigos”, en alusión aos implicados na Operación Zeta contra a fraude dos cursos de formación, o problema real é a situación de emerxencia social na estamos.

Orzamentos alleos ás persoas paradas, mocidade, excluídos, persoas maiores e dependentes

A parlamentaria lembrou que 300.000 persoas están desempregadas en Galiza e os orzamentos presentados hoxe “volven a ser papel mollado”. Vostede, dixo, “non tivo ningún pudor en rebaixar os orzamentos dende que é conselleira en máis dun 50%” e que agora os suba “un poquito” non é suficiente nin é para presumir. Tampouco tivo pudor para excluír destes orzamentos a entidades e concellos que cumprían os requisitos mentres destinaba partidas a “amigos” para cursos de formación “fantasma”.

Os problemas reais do País, recalcou, “non son os problemas dos seus amigos nin do Partido popular”. Os problemas resólvense doutra maneira e nestas contas para o 2015, o Goberno galego segue sen dar alternativas.

 A recuperación económica só está na propaganda do Partido popular

A brecha entre ricos e pobres está disparada, dende marzo do 2013 o patrimonio dos ricos medrou más de 600 millóns de dólares diarios, os sistemas tributarios son regresivos e vostedes negan “que os ricos sexan máis ricos e os pobres máis pobres”.

Beatriz Mato presenta os Orzamentos de Traballo e Benestar

A deputada botou man de diferentes informes que denuncian que un de catro nenos “vive baixo o umbral da pobreza” e o emprego resulta cada vez más precario e temporal.

Prado negou que os orzamentos de Mato camiñen cara a recuperación económica , 120.000 mozos e mozas desaparecidas do mercado laboral e unha de cada tres persoas xa non cobra prestación, “ningunha das súas medidas serven” censurou a nacionalista.

O PP elimina os mecanismos de protección social e beneficia aos seus amigos

Vostedes rebaixaron os instrumentos de protección, miles de persoas seguen sen cobrar as indemnizacións e o PP en Galiza vota en contra de que o Estado se faga cargo, apoian a privatización das empresas para facerse cargo da formación, desmantelaron o servizo galego de colocación despedindo aos seus traballador@s, negan crear unha renda de reinserción laboral. A realidade fora, dixo, “contrasta co que vostede intenta vendernos no Parlamento”.

Porque sabemos da importancia dos orzamentos para o 2015, e despois do que vostede leva feito cos recursos públicos, preguntámonos se unha vez máis os orzamentos que hoxe nos presentan se van servir para beneficiar aos seus amigos e financiar o Partido popular.

A parlamentaria relatou a rebaixa en diversas partidas entre as que destacou ás destinadas a persoas maiores e censurou que a conselleira presumira de programas para xente nova que “non son mérito do Goberno” pois están sufragados por fondos da U.E, concluíu.

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG