O PP rexeita a proposta do BNG para anular os contratos por horas e días na Sanidade

Montse Prado escoita a intervención do deputado do PP, Núñez Centeno

A deputada nacionalista negou as afirmacións do portavoz do Partido popular, Núñez Centeno sobre a oferta pública de traballo durante os anos 2012-2013 e 2014

Montse Prado escoita a intervención do deputado do PP, Núñez Centeno

A parlamentaria do BNG, Montse Prado reclamou hoxe no Parlamento galego que a consellería de sanidade “mude a súa política laboral” e proceda a un cambio das contratacións de maneira negociada como veñen demandando as organizacións sindicais con representación na sanidade pública.

 Por outra parte, pediu “unha rectificación” da conselleira de sanidade, Rocío Mosquera polas súas afirmacións sobre a “excepcionalidade” dos contratos por días, horas e medias xornadas. Mosquera, dixo debe rectificar publicamente porque as súas declaracións non se corresponden coa realidade da “contratación que a diario fai o SERGAS”.

Tras a intervención do portavoz popular, Alfonso Núñez Centeno que incidiu na Oferta Pública de Traballo durante os anos 2012-13 e 14, a nacionalista negou tal circunstancia e mesmo acusou ao deputado de “non ter vergonza” ao afirmar esa “falsidade”.

Durante o debate da proposta do BNG, Montse Prado explicou que a lista Pol existe para casos excepcionais igual que as listas para servizos especiais, pero recalcou que o problema reside en utilizar “ as listas xerais” para as substitucións de baixas, permisos... formalizando contratos “ por días, horas, e se me apura, dixo, case por minutos”, iso é o que denunciamos nós e o persoal afectado.

Vir aquí a responsabilizar as centrais sindicais desta situación cando nas mesas sectoriais rexeitan estas propostas resulta “un exercicio de cinismo” do Partido popular co fin de seguir negando a existencia de contratos por días na Sanidade pública.

A nacionalista instou á consellería de sanidade a negociar unha orde de “vínculos polo principio de causalidade” por tempo completo,punto que tampouco foi aceptado polo Partido popular.

Finalmente, a deputada lamentou que a Administración sexa a primeira en aplicar a reforma laboral, “actuando como o peor dos patróns” facendo contratos escravistas e condenando @s profesionais a permanecer pendentes dun teléfono para un contrato “miserento”.

O grupo maioritario do Partido popular rexeitou a iniciativa nacionalista.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG