O PP comprometese co BNG a executar o III Plan de Cooperación galega

A deputada do BNG, Carme Adán alertou do incumprimento Goberno tras anunciar as ONGD a intención da Xunta de eliminar os compromisos para ano 2015 e financiar proxectos que deben rematar o 31 de decembro do 2014

A deputada do BNG, Carme Adán defendeu, na comisión de Administración xeral, unha Proposición non de Lei para instar á Xunta “a manter e executar” os compromisos recollidos no III Plan Director de Cooperación.

A parlamentaria fixo mención da evolución nos orzamentos en cooperación que confirman anualmente a súa diminución:

Ano             Orzamentos %          orzamentos

2009             11.664.000 euros               0,1 %

2010               9.748.000 euros               0,08 %

2011                7.866.000 euros               0,06 %

2012               6.439.000 euros                 0,06 %

2013               4.143.000 euros                 0,05 %

2014               3.900.000 euros                 0,04 %

A deputada engadiu a táboa de evolución orzamentaria de Cooperación galega a eliminación dos compromisos económicos para o ano 2015, “imprescindíbeis para levar a cabo intervencións eficaces e sostíbeis no tempo”.

Intervención de Carme Adán

As ONGD galegas, dixo, amosan a súa preocupación lóxica ante esta circunstancia e o anuncio de financiar proxectos anuais que deben rematar antes do 31 de decembro do 2014.

A parlamentaria avanzou que a Coordinadora de ONGD asegura que se perderon proxectos e cooperantes aínda que a Xunta o negue, de 44 cooperantes traballando no ano 2009,dixo, “na actualidade hai 6 persoas”. Persoas vencelladas a proxectos que resulta “imposible programar a un ano vista” como xa puxeron de manifesto as propias organizacións.

Adán lamentou que “a cooperación en Galiza desapareza” por decisión do Goberno galego polo que avanzou que o BNG seguirá moi cerca que se cumpra o acordo acadado hoxe no Parlamento galego e confiou en que serva para achegar posturas coa Coordinadora de ONGD.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG