Porque aínda hai tempo, o BNG reclama a Medio Rural reorientar a campaña contra os incendios

Tereixa Paz defendeu unha Proposición non de lei ao fin de adiantar a planificación da campaña

Terixa Paz en Comisión parlamentaria

A deputada Tereixa paz defendeu hoxe na Comisión de Agricultura unha Proposición non de lei que foi rexeitada polo Partido popular na que reclamaba da Consellería de Medio Rural “ agora que está a tempo,reorientar o dispositivo de loita contra os incendios forestais”.

A parlamentaria solicitaba na iniciativa adiantar a planificación da campaña para que non acontecese o mesmo que na campaña anterior de “retraso e improvisación a súa implantación”, pero sobre todo que a súa definición se realice acorde cos datos históricos de incendios e polo tanto das necesidades e baixo o criterio de manter o dispositivo dentro do ámbito da Xunta e da xestión pública.

Puxo como exemplo que na pasada campaña se eliminasen as brigadas helitransportadas do Barco e de Portomarín cando iso implica deixar sen cobertura comarcas nas que se producen con reiteración incendios forestais, mesmo en “montes integrados na Rede Natura”. No que vai de ano,dixo, malia a alta pluviosidade, os incendios que se produciron correspóndense neste ámbito territorial. Por esta razón, considerou que está máis que xustificada a proposta do BNG de que se inclúa no dispositivo a restitución destas brigadas helitransportadas.

A nacionalista defendeu impulsar unha “política de prevención máis adecuada”, e avogou pola necesidade de rematar coa súa fragmentación e coa progresiva derivación dos medios e das responsabilidades cara os concellos. Nós consideramos “unha aberración” volver ao sistema de brigadas municipais, recalcou.

“É moi grave” que nese afán partidista do PP, a distribución e despregue dos medios no territorio, no canto de ter en conta o índice ZAR (Zonas de alto risco) en función dos datos histórico e no risco ou e case a certeza de que nesas zonas vai haber incendios, utilizar criterios partidarios , tanto en relación coas empresas como cos concellos.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG