Montse Prado reitera a petición de dimisión de Mato pola fraude dos cursos de fomación

 O BNG volveu pedir no Parlamento o cese ou a dimisión da conselleira de Traballo, Beatriz Mato, pola trama da fraude da formación ocupacional que tiña “en nómina” a varios altos cargos deste departamento que, segundo recolle o sumario, ten demostrado “nula actividade controladora ante os presuntos delitos de “estafa, malversación de fondos públicos e falsidade documental”, entre outros.

Montse Prado

“Ten que asumir as súas responsabilidades en lugar de vir aquí a burlase do Parlamento”, demandou Prado, que cualificou de “indecente” que os recursos destinados á formación de desempregados e desempregadas “fose para aos petos de amigos do PP” precisamente no medio dunha crise económica que ten disparado a taxa de paro e provocado a emigración masiva da xente nova.

Prado criticou a falla de control e o “incumprimento das obrigas legais” dos responsables políticos, citando o contido do sumario, e demandou ao Goberno de Feijóo que remita a Cámara toda a documentación relacionada coa trama. “Están amparando a xente corrupta e ese non é o camiño”, subliñou a deputada do Bloque, tras advertir que “o pobo galego xa non aguanta máis tanta corrupción e podremia”, concluíu.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG