O parlamentario do BNG preguntou o Presidente da Xunta polo deterioro social, económico e político en Galiza
Pleno.- O portavoz do Grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera volveu arremeter hoxe contra a política laboral do Partido popular a través da pregunta a Núñez Feijóo. Por primeira vez dende que comezou a crise económica, dixo, baixou o paro pero en España, porque en Galiza volveu a subir por terceiro mes consecutivo, aínda que a TVG esquecera ese dato.
Ademais, engadiu, cen mil persoas xa non están afiliadas á Seguridade Social e o número de persoas que viven de pensións, subsidios ou prestacións supera o número das que viven do seu traballo. Dende que vostede goberna en Galiza, perdéronse tres cotizantes por cada novo pensionista.
Estes datos falan as claras da situación de deterioro que vive o noso país, deterioro económico social e tamén político, afirmou o nacionalista.
Nesta liña, Jorquera non pasou por alto os últimos casos de corrupción que salpican ao Partido popular e reprobou que nas últimas sesións de control o presidente, Núñez Feijóo desvíe sistematicamente as preguntas da oposición afirmando que non teñen que ver coas preocupacións da sociedade.
Vostede é consciente do clima de indignación social? ou vai seguir lavándose as mans na financiación presuntamente ilegal do Partido popular en Ourense? preguntou o nacionalista.
Feijóo e a política de aparencias
Para o deputado, Feijóo fai política de aparencias cando anuncia unha comparecencia á carta para dar conta das súas propostas contra a corrupción pero segue sen dar explicacións polos escándalos do seu Goberno e partido. Os imputados do BNG dimiten aínda que non dubidemos da súa inocencia, recalcou Jorquera, sen embargo, no seu partido ten dous deputados e 19 alcaldes imputados, esa é a diferenza.
Non son eu , explicou o que acusa ao Partido popular de Galiza de financiamento ilegal, son Bárcenas, Emilio Pascual, Gerardo Crespo, todos militantes do seu partido.
Feijóo non está lexitimado para defender propostas contra a corrupción
O parlamentario do BNG reiterou que as propostas do Presidente da Xunta e do Partido popular de Galiza pretenden encubrir a súa negativa a dar explicacións e asumir responsabilidades. Propón un pacto para prohibir as doazón de empresas aos partidos cando sabe que esas doazóns en B son ilegais pero o PP defende que poda habelas dos seus directivos ou propietarios, non poderá doar ACS pero si Florentino Pérez, non poderá doar OHL pero si Villar Mir, asegurou.
O deputado rematou a súa intervención reiterando que, a estas alturas, Feijóo non pode vir ao Parlamento con propostas contra a corrupción