Jorquera sobre o discurso de Feijóo: “Unha película de ficción”

Francisco Jorquera valora a intervención de Feijóo

Jorquera afirma que o Presidente da Xunta vive nunha burbulla “autocompracente e virtual” que nada ten a ver coa realidade de Galiza

Debate de Política Xeral

O portavoz do Grupo parlamentario do BNG, cualificou hoxe o discurso do Presidente da Xunta de “película de ficción que na ten a ver coa realidade dramática que vive o noso país”.

O nacionalista valorou a intervención de Feijóo como “unha fuxida cara a diante” e prometendo todo o que foi incapaz de facer durante este últimos cinco anos. A loita polo emprego, a loita pola protección social e contra a exclusión social foron ignoradas e vimos a un Presidente de Galiza que se “inhibe” de exercer como tal, só se referiu o autogoberno para criticar os “procesos abertos noutros pobos”. O Sr. Feijóo, dixo, parece ignorar que o Estado español está entrando nunha segunda transición. “Feijóo, manifestou, conduce a Galiza á irrelevancia política” e polo tanto, a irrelevancia económica e social.

O BNG fará un discurso critico coa xestión do Goberno e con propostas para xerar emprego

Francisco Jorquera valora a intervención de Feijóo

Jorquera anunciou que o seu discurso será unha “emenda á totalidade” ao Goberno galego e as súas políticas. Un discurso, recalcou, “critico e propositivo” para que a sociedade perciba que outras políticas son posíbeis, “Galiza necesita ambición nacional, reforzar a súa capacidade de decisión como pobo e contar coas ferramentas necesarias para xerar emprego, xustiza social e saír da crise”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG