O deputado do BNG, Cosme Pombo reclamou, a través dunha Proposición non de lei, a rehabilitación urxente da Estación para mellorar a súa accesibilidade, seguridade e información aos usuarios e potenciar o transporte público.
O deputado do BNG, Cosme Pombo defendeu hoxe na comisión de Ordenación do Territorio unha Proposición non de lei sobre as melloras previstas pola consellería de Infraestruturas na estación de autobuses de Lugo.
Para o nacionalista, a provincia de Lugo sempre foi a peor conectada por transporte público e a estación, ao pé da Muralla e do Centro Sociocultural, (Vello Cárcere), presenta graves deficiencias estruturais e de equipamento que precisan, con urxencia, obras de rehabilitación para poñer as instalacións á altura do século XXI.
A estación de autobuses de Lugo para moitos persoas, explicou, é a porta de entrada á cidade amurallada; unha porta de entrada vella e esquecida que presenta deficiencias graves en canto a accesibilidade e seguridade, conservación, mantemento e información @s usuari@s.
No mes de xaneiro de 2013,engadiu o deputado, foi presentado o Plan Renove das estacións de autobuses de Galiza anunciando a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas un investimento de 4,2 millóns de no período 2013-2016, para a modernización das instalacións.
No mes de agosto de 2013, tamén foron anunciadas as adxudicacións de investimentos nas estacións de Autobuses galegas por valor de 1,58 millóns de .
A pesares de tantos anuncios, dixo, cada vez son máis os usuarios da Estación de autobuses de Lugo que non entenden a tardanza na súa modernización ao igual que o Grupo Parlamentar do BNG que tampouco comprende, recalcou, como se sigue a consentir a mala imaxe da estación Luguesa, a inseguridade que transmite e a falla de accesibilidade.
Sobre o acceso á estación, lembrou o Regulamento EU 181/2011 sobre os dereitos dos viaxeiros de autobús e autocar que establece a obriga de renovar as instalacións das estacións atendendo ás necesidades das persoas con discapacidade ou con mobilidade reducida.
O compromiso da Xunta no mes de xullo foi un lavado de cara
O parlamentario tamén aludiu ás preguntas formuladas polo BNG á A Xunta de Galiza no pasado día 3 de xullo ás que respostou a Dta. Xeral de Mobilidade Sra. Triguero, manifestando o compromiso do Goberno co transporte público Lugués e anunciando o investimento de 59.000 euros do Plan Renove para Lugo, investimento que o deputado considerou insuficiente para a promoción real do transporte público lugués xa que as obras limitábanse: ao pintado, a eliminación de dous chanzos substituídos por unha rampa, pintado de bancos e paso de peóns, canalización de cables e paneis electrónicos informativos, obras que cualificou de lavado de cara.
O nacionalista reclamou unha reforma en profundidade para equipar a estación de Lugo á maioría das estación galegas e para iso cumpre, dixo: Acondicionar a zona de estar inutilizad, escadas mecánicas ou ascensor, bancos, mesas, mellorar a zona de estar , portas de acceso á dársena e iluminar o interior da estación.
A proposición non de lei nacionalista foi aprobada por unanimidade hoxe en sede parlamentar e tras a votación, Cosme Pombo avanzou que o BNG seguirá moi de cerca o cumprimento do compromiso do Partido popular para iniciar unha reforma en profundidade da Estación de Autobuses de Lugo.