A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, solicitou hoxe a comparecencia da Ministra de Agricultura, Isabel Tejerina, para que acuda á Cámara a informar sobre a nova regulación en elaboración para reformar o Paquete Lácteo debido á preocupación causada no sector agro gandeiro ante o adianto dalgunhas informacións.
A deputada do BNG que leva meses dirixindo iniciativas parlamentares ao Ministerio debido ás novas caídas dos prezos do leite en orixe, especialmente en Galiza, e polos flagrantes incumprimentos dos contratos homologados por parte das industrias, advirte á Ministra que non volten a caer nos mesmos erros do actual Paquete Lácteo.
Nese sentido, insta á Tejerina a ter moi presente o fracaso dos contratos homologados que na súa maioría están por debaixo dos seis meses ou nin siquera chegan a facerse. Tome nota e lexisle na dirección da defensa dun sector agro-gandeiro de grande peso na Galiza, en lugar de lexislar en beneficio das industrias lácteas que xa dabondo se beneficiaron da laxitude da normativa actual.
Olaia Fernández Davila amosa a preocupación do BNG e do sector ante as noticias que sinalan que a figura do mediador en caso de desacordo entre o productor e a industria seguiría sin ser obrigatoria, ou a posibilidade de que os contratos sexan por un periodo inferior ao ano. Todo parece apuntar a outro Decreto ambigüo que vai dar marxe ás industrias para que continúen a facer o que queiran, como presionar aos gandeiros e baixarlles os prezos mentras utilizan o leite como producto de reclamo nas grandes superficies.