A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara para pregunta a Tejerina que posición vai levar o Goberno á UE en relación á cuestión dos descartes, contemplado na nova Política Común de Pesca.
Davila quer saber cal é posición do Goberno respecto ao plantexamento da UE de abordar o tema da eliminación dos descartes, recollidos na PCP, através dun Regulamento Ómnibus que modificaría oito normas.
A deputada do BNG lembra que o noso sector pesqueiro cuestionou o tema dos descartes tal e como se plantexou na PCP, e pide o estabelecemento duns prazos de tempo ou unha moratoria transitoria que permita unha adaptación suave á nova situación. Segundo parece a Comisión Europea pretende solucionar o tránsito dunha situación a outra cun Regulamento Ómnibus, denominado así porque modifica oito normas comunitarias.
Unha medida, explica a parlamentar nacionalista, que organizacións pesqueiras como Cepesca censuran por diversos motivos, entre eles porque non resolve o problema e non corrixe as contradicións normativas da PCP. Consideran que se debería optar por unhas medidas técnicas coherentes que se poidan cumprir.
Unha PCP mal pensada
Davila pón de manifesto que en pouco tempo o sector pesqueiro terá que pasar dunha situación contraria á que vivían: antes se sancionaba a aqueles que desembarcaban todo, especies por riba das súa cotas ou de tamaño menor á regulamentaria. E agora resulta que se busca o contrario: castigar aos pescadores que non desembarcan todo o que pescaron.
A deputada do BNG cuestiona a PCP porque está mal pensada de inicio, xa que o obxectivo de descartes cero debería pasar por un reparto equilibrado das cotas. Ademáis de que se debería plantexar como algo a longo prazo e non imediato. Davila sinala que o sector defende a necesidade de aprobar plans rexionais de descartes, realizando un control de maneira progresiva, ralentizado e pensado para unha adaptación tranquila.
Davila considera que o plantexamento de Bruxelas sobre os descartes conlevará máis problemas que solucións. Por iso, dirixe unha batería de preguntas ao Goberno: Coñece a opinión das organizacións pesqueiras? Que proposta vai levar á Comisión Europea a fin de que o obxectivo de descartes cero se realice con plazos temporais, de maneira que se estabeleza unha transición suave que permita ao sector adaptarse á nova situación?.
A parlamentar nacionalista pide ao Goberno que escoite as propostas do sector antes de negociar na UE.